Suzanne Nadine Vega, nada en Santa Monica (California) o 11 de xullo de 1959, é unha cantante e compositora estadounidense.
Traxectoria Aos dous anos de idade, trasladouse coa súa familia a Nova York. Criouse no barrio hispano de Harlem; aos nove anos escribiu o seu primeiro poema e con catorce empezou a compor cancións. Cursou estudos de danza contemporánea e frecuentou os clubs de Greenwich Village mentres asistía a clases de Literatura na escola de arte Barnard College. En 1984, por mor das súas actuacións, obtivo a posibilidade de gravar un álbum coa discográfica A&M.
Suzanne Vega estivo casada co seu produtor Mitchell Froom, que influíu na súa música ao longo dos anos 90 levándoa cara a un terreo máis experimental. O matrimonio tivo unha filla, Ruby, nacida en 1994 e separouse en 2000. A artista volveu casar en 2006 con Paul Mills, a quen coñece desde a súa mocidade.
Discografía Suzanne Vega (1985) UK #11, US #91, AUS #23 Solitude Standing (1987) UK #2, US #11, AUS #7 Days of open Hand (1990) UK #7, US #50 99.9ºF (1992) UK #20, US #86 Nine objects of desire (1996) UK #43, US #92 Tried and true (1998) UK #46, AUS #96 Songs in Red and Gray (2001) UK #32, US #178 Retrospective (2003) UK #27 Beauty and Crime (2007) Tales from the Realm of the Queen of Pentacles (2014) Lover, Beloved: Songs from an Evening with Carson McCullers (2016) Flying with Angels (2025)
Véxase tamén Ligazóns externas Suzanne Vega: Web Oficial Fan Clubarquivado dende o orixinal o 8 de decembro de 2012
Categoría:Cantantes de California Categoría:Compositores dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1959 Categoría:Nados en Santa Monica Categoría:Estadounidenses de ascendencia inglesa