Adolfo Ramón Bello, nado en 1947 e finado en Rosario o 17 de maio de 1969, foi un estudante arxentino do centro de estudantes da Facultade de Ciencias Económicas da Universidade Nacional de Rosario, asasinado por un axente de policía mediante un balazo na fronte durante unha pequena protesta estudantil. A indignación xeral causada polo asasinato desencadeou no Rosariazo, unha importante "pueblada" contra a ditadura militar dirixida polo xeneral Juan Carlos Onganía.

Circunstancias e impacto da súa morte En maio de 1969 o ambiente universitario atopábase axitado a causa do asasinato do estudante Juan José Cabral o 15 de maio, durante unha protesta polos altos prezos do comedor estudantil en Corrientes.

O día 17 de maio, militantes do Centro de Estudantes da Facultade de Ciencias Económicas da Universidade de Rosario (FUR) realizaron un acto espontáneo no comedor universitario situado na avenida Corrientes ao 700 que culminou cun intento de cortar a rúa para interromper o tránsito. O intento foi reprimido polos axentes de policía presentes.Memoria dunha cidade sen memoria, Secretaría de Cultura da Municipalidade de Rosario.

O xornalista Reynaldo Sietecase describiu así os eventos:

Bello, quen recibiu un balazo na fronte, contaba entón con 22 anos, e moríría esa tarde por mor das feridas no Hospital Central Municipal.

A indignación da poboación foi xeral. O 20 de maio a Federación Universitaria de Rosario decretou unha folga estudantil e o mércores 21 de maio de 1969 realizouse unha Marcha de Silencio en homenaxe a Adolfo Bello, organizada pola FUR e a Confederación General del Trabajo (CGT).

A represión policial e militar da marcha levou a unha sublevación xeral coñecida como Rosariazo, durante a cal tamén resultaría asasinado o obreiro e estudante Luís Blanco, de 15 anos.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Rosariazo Cordobazo Federación Universitaria Argentina

Ligazóns externas Sabías que.. en mayo de 1969 se produjo el llamado rosariazo?, Rosario: tu ciudad y la mía.

Categoría:Historia da Arxentina Categoría:Asasinatos na Arxentina Categoría:Nados en 1947 Categoría:Finados en 1969 Categoría:Nados en Rosario