José de Madrazo y Agudo, nado en Santander o 22 de abril de 1781 e finado en Madrid o 8 de maio de 1859, foi un pintor e gravador español, tanto barroco como neoclásico. Pai de Federico Madrazo e avó de Raimundo Madrazo.
Traxectoria Estudou con Gregorio Ferro, quen lle aprendeu o estilo e a técnica da pintura de Anton Raphael Mengs, na Real Academia de Belas Artes de San Fernando. A partir de 1803, estudou en París, con Jacques-Louis David, onde se forma como verdadeiro pintor neoclásico e establece amizade con Ingres. Baixo o goberno de José Bonaparte marcha bolseiro a Roma.
Entre 1838 e 1853 foi director do museo do Prado.
Véxase tamén
Outros artigos
Lista de directores de Museo do Prado.
Categoría:Pintores de España Categoría:Directores do Museo do Prado