As Fuerzas Armadas Peronistas (FAP) foi unha organización guerrilleira arxentina creada en 1968 baixo o liderado de Envar El Kadri (Cacho). A súa aparición produciuse cunha fracasada acción armada realizada en Taco Ralo, Tucumán. Un dos seus actos máis soados foi o asasinato de Dirk Kloosterman, secretario xeral do Sindicato de Trabajadores Mecánicos (SMATA-CGT). As FAP deixaron de existir de feito en 1980 coa morte da maioría dos seus dirixentes. Historia

Nunha entrevista realizada en 1996 o líder das FAP, Envar El Kadri, explicaba deste xeito a orixe da organización, nunha experiencia de guerrilla rural en Taco Ralo, Tucumán:

En 1968 as FAP instalaron un campamento integrado por 14 guerrilleiros (13 homes e unha muller) denominado "El Plumerillo", na localidade de Taco Ralo, provincia de Tucumán, co fin de realizar adestramento militar. O 19 de setembro o grupo foi sorprendido pola Policía de Tucumán que detivo á totalidade dos seus integrantes.

As FAP reapareceron en 1969 e 1970 con varias accións de guerrilla urbana.

No ano 1971 as FAP sufriron unha división debido á cal foron expulsados os integrantes dun amplo sector liderado por Eduardo Moreno, Ernesto Villanueva, o sacerdote Soler e Alejandro Peyrou. Este sector integrouse entón a Montoneros.

O 22 de maio de 1973 as FAP asasinaron o dirixente sindical Dirk Kloosterman secretario xeral do Sindicato de Trabajadores Mecánicos (SMATA-CGT).

Notas

Véxase tamén Outros artigos Guerrilla Guerra sucia na Arxentina Montoneros ERP Fuerzas Armadas Revolucionarias (FAR).

Ligazóns externas FAP Fuerzas Armadas Peronistas (entrevista de enero 1971), El Historiador FAP, El Ortiba

Categoría:Historia da Arxentina Categoría:Organizacións terroristas na Arxentina