Acontecementos Deste ano é a primeira cita documentada do emprego da rotación trienal nos cultivos, en Europa. 8 de marzo - Comeza o reinado de K'inich K'uk' B'ahlam II, soberano maia de Palenque.
Nacementos
Nicéforo I, emperador bizantino entre 802 e 811, ano da súa morte. Fun'ya no Watamaro ou Bun'ya no Watamaro militar xaponés, nobre da Corte Imperial e Shōgun que serviu a comezos da era Heian. Fastrada cuarta esposa de Carlomagno. (m. 794)Así o sinalan historiadores como Pierre Riché (The Carolingians, p.86.), Lewis Thorpe (Two Lives of Charlemagne, p.216) e outros. Outros historiadores sinalan a Himiltruda, descrita por Eginhardo como unha concubina, como a primeira esposa de Carlomagno, e reorganizan as posteriores esposas; en coherencia con isto, a Fastrada ás veces sinalana como cuarta esposa. Véxase Dieter Hägemann (Karl der Große. Herrscher des Abendlands, Ullstein 2003, p. 82f.), Collins (Charlemagne, p. 40.).
Mortes Jaffar ibn Muhammad, 6º imán sucesor de Mahoma, na vía xiíta. Junnin, emperador xaponés entre o 758 e o 764 (n. 733). Vimarano, nobre do reino de Galiza.
Notas
Véxase tamén
Categoría:765