Manuel Suárez Castro, nado en Ourense o 6 de outubro de 1889 e finado na mesma cidade o 27 de xullo de 1937, foi un político socialista galego, alcalde da súa cidade natal.

Traxectoria De profesión mestre de obras. Foi un destacado dirixente da Unión General de Trabajadores na provincia de Ourense e militante do Partido Socialista Obrero Español, durante o primeiro bienio da Segunda República Española foi Tenente de Alcalde e deputado provincial. Co triunfo da Fronte Popular nas eleccións de febreiro de 1936, foi elixido Alcalde. De orientación moderada, próximo á liña de Indalecio Prieto, salientouse polas melloras na prestación de servizos do hospital provincial que ampliaron a gratuidade e calidade da asistencia.

Golpe de estado e asasinato Despois do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936, pasou algunhas semanas refuxiado na casa duns amigos até que foi detido. Inculpado e procesado o 11 de decembro de 1936, a petición do fiscal foi a de morte. Foi xulgado en consello de guerra presidido por Ambrosio Feijoo Pardiñas no que actuou como fiscal Joaquín Otero Goyanes o 23 de marzo de 1937, con Marcial García Barros, Anselmo López García, Marcelino Otaduy Vázquez, Eduardo París Villar, Antonio Taboada Nóvoa e Higinio López Barrio,La Región, 24-3-1937, p. 3. imputándoselle ironicamente o delito de rebelión militar, coas circunstancias modificadoras de perversidade e transcendencia. Foille aplicada a pena de morte e fusilárono o 27 de xullo de 1937, no Campo de Aragón xunto con Eduardo París Villar, Ramón Figueiras Añel, José González González, Antonio Colmenero Villamarín, Camilo Gago González, Antonio Taboada Nóvoa e Higinio López Barrio.La Voz de Galicia, 28-7-1937, p. 4.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas Recensión biográfica Expediente de responsabilidades políticas de Marcial García Barros, Anselmo López García, Marcelino Otaduy Vázquez, Eduardo París Villar, Higinio López Barrio; Antonio Taboada Nóvoa e Manuel Suárez Castro.

Categoría:Alcaldes de Ourense Categoría:Alcaldes de Galicia durante a II República Categoría:Alcaldes de Galicia polo PSOE

Categoría:Deputados provinciais de Ourense Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Ourense Categoría:Nados en 1889 Categoría:Finados en 1937