Slavoj Žižek, nado en Liubliana (Eslovenia) o 21 de marzo de 1949, é un sociólogo, filósofo, psicanalista e filólogo esloveno. A súa obra integra o pensamento de Jacques Lacan co de Marx e Hegel, e nela destaca unha tendencia a exemplificar a teoría coa cultura popular.
Traxectoria Žižek estudou filosofía na Universidade de Liubliana e psicanálise na Universidade de París VIII Vincennes-Saint-Denis, onde se doutorou. A súa carreira profesional inclúe un posto de investigación no Instituto de Socioloxía da Universidade de Liubliana, en Eslovenia. Entre outros destinos, formou parte de varias institucións en calidade de profesor convidado, como Columbia, a Universidade de Princeton, New School for Social Research de Nova York ou a Universidade de Míchigan. Dende 2004 é Director Internacional do Instituto Birkbeck de Humanidades, Birkbeck College - Universidade de Londres.
Žižek usa nos seus estudos exemplos extraídos de cultura popular, dende a obra de Alfred Hitchcock e David Lynch, até a literatura de Kafka ou Shakespeare. Ademais, problematiza autores esquecidos pola academia como V. I. Lenin, Stalin e Robespierre e trata sen remordementos temas controvertidos coma o fundamentalismo, o anticapitalismo, a tolerancia, a subxectividade e o "politicamente correcto" na filosofía posmoderna. En contraposición cos postulados intelectuais da esquerda universalista europea en xeral, e que Habermas define como postnacionais en particular, Žižek realiza unha defensa aberta e inequívoca de procesos soberanistas abertos en Europa. miniatura|Slavoj Žižek. Tamén usa a teoría psicanalítica na versión lacaniana coma arma para a súa habitual análise da política internacional. Para isto ten en conta non só as e os líderes e os seus posibles problemas psicolóxicos, senón tamén á sociedade no seu conxunto.
En 1990, foi candidato á presidencia da República de Eslovenia, pero non foi elixido.
Teoría Desenvolvemento da teoría lacaniana Slavoj Zizek toma de Jacques Lacan a descrición dos conceptos da súa tópica (descrita desde 1953 e constituída coma unha estrutura composta de tres ordes ou rexistros estrutura inseparábeis) e desenvólveos como segue:
O real
Aquí; o "real" acaba por ser un termo bastante enigmático e non debe ser confundida coa realidade, xa que a nosa realidade constrúese de forma simbólica; a realidade,pola contra, é un núcleo duro, algo traumático que non se pode simbolizar (é dicir, expresado en palabras.) O real non ten existencia positiva; só existe como obstruído.
Non todo na realidade pode ser desenmascarado coma unha ficción; só basta con ter presente certos aspectos -puntos indeterminados- que teñen que ver co antagonismo social,a vida,a morte e a sexualidade. A estes aspectos temos que afrontalos se queremos simbolizalos. O real non é ningún tipo de realidade detrás da realidade, senón o baleiro que deixa á realidade incompleta e inconsistente. É a pantalla da pantasma; en si é a propia pantalla que distorsiona a nosa percepción da realidade. A tríade do simbólico/imaxinario/real reprodúcese dentro de cada parte individual da subdivisión. Hai tamén tres modalidades do real: O real simbólico: o significante reducido a unha fórmula sen sentido (coma na física cuántica, que coma toda ciencia parece rabuñar o real, pero só produce conceptos apenas comprensibles). O real ou o real mesmo: unha cousa horrible, o que transmite o sentido de terror nas películas de terror. O real imaxinario: un algo insondábel que permea* as cousas como unha peza do sublime. Esta forma de realidade convértese en perceptíbel na película The Full Monty, por exemplo, onde os protagonistas desempregados deben espirse por completo. Noutras palabras, a través deste xesto extra de degradación "voluntaria", algo da orde do sublime tórnase visíbel.
A psicanálise ensina que a realidade (posmoderna) precisamente non ten que verse coma unha narrativa, senón que o suxeito ten que recoñecer,soportar e ficcionalizar o núcleo duro do real dentro da súa propia ficción.
O simbólico
O simbólico inaugúrase coa adquisición da linguaxe; é mutuamente relacional. Así, acontece aquilo de que "o home é o rei só porque os seus súbditos compórtanse con el como un rei". Ao mesmo tempo, sempre permanece unha certa distancia respecto ó real (agás na paranoia: non só é tolo un mendigo que pensa que é rei, tamén o é o rei que realmente cre que é un rei. Desde feito, este último só ten o "mandato simbólico" dun rei.
O simbólico real é un significante reducido a unha fórmula sen sentido. O símbolo imaxinario qua símbolos junguianos. O simbólico ou o simbólico mesmo qua a fala e a linguaxe con sentido en si. A pantalla do monitor como forma de comunicación no ciberespazo: coma unha interface refírenos a unha mediación simbólica de comunicación, a un abismo entre quen fala e a "posición de falar" en si (por exemplo, o alcume, o correo electrónico). "Eu" nunca "en realidade" estou de acordo exactamente co significante, non me invento a min mesmo; en cambio,a miña existencia foi, en certo sentido, xa co-fundada coa chegada do ciberespazo. Aquí un debe chegar a entenderse con certa inseguridade, pero non pode resolverse coma nun simulacro continxente posmoderno...Aquí tamén,como na vida social, as redes simbólicas circulan arredor dos núcleos do real. Esta é unha resposta á inversión decote formulada por Zizek: non se trata de "que podemos aprender acerca da vida no ciberespazo?" senón máis ben "que podemos aprender acerca do ciberespazo na vida?" Estas inversións serven á psicanálise teórica: é dicir, contrario á psicanálise aplicada, non busca tan so analizar traballos de arte e facer o que é ameazante, comprensible,senón crear unha nova perspectiva no ordinario,renovar a sensación de estrañeza sobor da vida diaria, e por vía do obxecto desenvolver máis alá a teoría.
As redes simbólicas son a nosa realidade social O imaxinario outro exemplifícase no que Lacan chama o estado do espello, polo cal un recoñécese nunha imaxe ficticia de si mesmo (a imaxe proxectada nun espello), e nese recoñecemento hai un erro, é un recoñecemento ilusorio polo cal o "eu" constitúese coma un outro, como conclúe Lacan citando a Arthur Rimbaud: "Eu son outro". O imaxinario é a fantasía fundamental que é inaccesíbel a nosa experiencia psíquica e elévase da pantalla fantasmal na que atopamos obxectos de desexo. Aquí tamén se pode dividir o imaxinario,ou o imaxinario mesmo,(a imaxe/pantalla en si que serve de cebo) e un simbólico (os arquetipos de Jung e o pensamento New Age). O imaxinario nunca será agarrado, xa que todo discurso sobre el sempre localizarase no simbólico.
Tódolos niveis están interconectados, de acordo con Lacan (do seminario XX en adiante), nunha forma de nó borromeo, como tres aneis enlazados de xeito que se un deles se desconecta o resto tamén caerá.
Obra Obra orixinal en inglés TítuloAnoEditorialISBNNotasSex and the Failed Absolute2019Bloomsbury Academic9781350043770The Relevance of the Communist Manifesto2019WileyLike a Thief in Broad Daylight: Power in the Era of Post-Humanity2018Allen LaneIncontinence of the Void: Economico-Philosophical Spandrels2017MIT PressLenin 20172017VersoBooksRepublicado en 2018 co título The Day After the Revolution, como parte da serie Verso RevolutionsThe Courage of Hopelessness: Chronicles of a Year of Acting Dangerously2017Penguin BooksAntigone2016Bloomsbury Academic, LondresDisparities2016Bloomsbury Academic, LondresRefugees, Terror and Other Troubles with the Neighbours: Against the Double Blackmail2016Allen LaneThe Wagnerian Sublime: Four Lacanian Readings of Classic Operas2016Verlag der Buchhandlung Walther Konig, BerlínTrouble in Paradise: From the End of History to the End of Capitalism2015Melville House, BrooklynAbsolute Recoil: Towards a New Foundation of Dialectical Materialism2014Verso, LondresEvent: A Philosophical Journey Through a Concept2014Penguin, Nova YorkThe Most Sublime Hysteric: Hegel with Lacan2014Malden, Cambridge, Reino Unido; Polity Press, MassachusettsŽižek's Jokes: (Did you hear the one about Hegel and negation?)2014MIT Press, Cambridge, MassachusettsDemanding the Impossible2013Polity Press, Malden, MassachusettsThe Year of Dreaming Dangerously2012Verso, LondresLess Than Nothing: Hegel and the Shadow of Dialectical Materialism2012Verso, LondresLiving in the End Times2010Verso, LondresFirst As Tragedy, Then As Farce2009Verso, LondresViolence: Six Sideways Reflections|Violence: Six Sideways Reflections (Big Ideas/Small Books)2008Picador, Nova YorkIn Defense of Lost Causes2008Verso, LondresHow to Read Lacan2006Granta Books, Londrestamén en 2007: W.W. Norton & Company, Nova YorkThe Parallax View2006MIT Press, Cambridge, MassachusettsLacan: The Silent Partners2006Verso, Londreseditor literarioThe Universal Exception2006Continuum International Publishing Group, Londres, Nova YorkInterrogating the Real2005Continuum International Publishing Group, Londres, Nova YorkIraq: The Borrowed Kettle2004Verso, LondresThe Puppet and the Dwarf: The Perverse Core of Christianity2003MIT Press, Cambridge, MassachusettsOrgans Without Bodies2003Routledge, LondresRevolution at the Gates: Žižek on Lenin, the 1917 Writings2002Verso, LondresWelcome to the Desert of the Real2002Verso, LondresRepeating Lenin2001Arkzin D.O.O., ZagrebOpera's Second Death2001Routledge, LondresOn Belief2001Routledge, LondresThe Fright of Real Tears2001British Film Institute (BFI), LondresDid Somebody Say Totalitarianism?2001Verso, LondresThe Fragile Absolute: Or, Why is the Christian Legacy Worth Fighting For?2000Verso, LondresThe Art of the Ridiculous Sublime: On David Lynch's Lost Highway2000University of Washington Press, WashingtonThe Ticklish Subject1999Verso, LondresThe Plague of Fantasies1997Verso, LondresThe Abyss of Freedom1997University of Michigan Press, MíchiganThe Indivisible Remainder: Essays on Schelling and Related Matters1996Verso, LondresThe Metastases of Enjoyment1994Verso, LondresTarrying with the Negative1993Duke University Press, Durham, Carolina do NorteEnjoy Your Symptom!1992Routledge, LondresLooking Awry1991MIT Press, Cambridge, MassachusettsFor They Know Not What They Do1991Verso, LondresThe Sublime Object of Ideology1989Verso, Londres
Obra orixinal en esloveno