Montrove é un lugar da parroquia de Santaia de Liáns, no concello coruñés de Oleiros. Segundo o padrón municipal (INE 2012) ten 1.442 habitantes (712 homes e 730 mulleres).

A parroquia ten varias urbanizacións grandes de chalés acaroados, como as de Icaria, Montrove e Dos Regos.

Historia O 13 de agosto de 1973 o voo 118 de Aviaco tivo un accidente aéreo cando se dirixía ó aeroporto de Alvedro, no cal morreu toda a pasaxe e a tripulación, o que levaría a unha redución do seu tráfico.

Patrimonio Moi preto deste pazo o concello dispón dun xardín-parque, situado nunha antiga casa señorial da que so quedan algunhas ruínas.

Lugares e parroquias Lugares de Liáns

Parroquias de Oleiros

Categoría:Lugares de Oleiros