A autoestrada do Atlántico ou AP-9 é unha autoestrada situada no oeste de Galicia. Comunica a cidade de Ferrol con Tui, cruzando o oeste de Galiza de norte a sur, atravesando as provincias da Coruña e Pontevedra. No extremo sur da autoestrada, ao chegar a Tui, convértese na A-55, con destino á fronteira portuguesa.

Comunica grandes cidades e vilas coma Ferrol, Narón, Neda, Fene, Pontedeume, Miño, Betanzos, A Coruña, Ordes, Santiago de Compostela, Padrón, Pontevedra, Vigo, O Porriño ou Tui.

Historia esquerda|miniatura|Ponte de Rande. dereita|miniatura|250px|Ponte da Ría (Pontevedra).

En 1973 o Estado concedeu a construción da autoestrada a Autopistas del Atlántico, C.E.S.A., hoxe pertencente a Sacyr Vallehermoso. A autoestrada supuxo un investimento duns 1428 millóns de euros. O 18 de agosto de 1973 o goberno franquista concedeu a autoestrada a un grupo de bancos. O 16 de outubro de 1973, constituíuse a sociedade Audasa. Axiña xurdiu oposición social ao proxecto.

O 17 de decembro comezou a construción da ponte de Rande. As seguintes obras en comezar foron as do acceso a Vigo o 1 de xullo de 1975, as do tramo "Ponte de Rande - Pontevedra Sur" 2 meses despois, e "A Coruña - Santiago Norte" un ano despois. Estes tramos foron inaugurados entre 1979 e 1984.

En 1988 inaugurouse o tramo "Santiago Norte - Santiago Sur". En 1989 comezaron as obras da ponte da Ría sobre a ría de Pontevedra. En 1990 inauguráronse os tramos "Santiago Sur - Padrón". Ao ano seguinte abriuse ao público o tramo "Padrón - Caldas de Reis", e en 1992 "Pontevedra Norte - Pontevedra Sur" e "Caldas de Reis - Pontevedra".

Entre 1993 e 1997 comezaron as obras entre "Guísamo - Miño"; "Rande - Puxeiros" e "Miño - Fene".De 1997 a 2000, inauguráronse tódalas obras anteriores xunto co tramo "Teis - Intercambiador de Rebullón". No ano 2000 prolongouse a Autoestrada do Atlántico coa incorporación do tramo do "Acceso norte a Ferrol". Dende o 2001 até a actualidade, iniciáronse só as seguintes dúas obras: acceso norte a Ferrol por Fene, Neda e Narón; e o tramo "Intercambiador de Rebullón - Portugal".

A concesión da autoestrada foi ampliada en dúas ocasións, segundo Julio Costas Comesaña de xeito irregular. No 1994 o ministro Josep Borrell do PSOE prorrogou a concesión até o 18 de agosto do 2023. Igualmente no ano 2000, un antes das eleccións ao parlamento do Galicia, o goberno popular de Manuel Fraga ampliou a concesión da autoestrada até o 18 de agosto do 2048.

No ano 2003 o goberno de Jose María Aznar vendeu a empresa pública ENA, coa AP-9 como grande activo, a un consorcio liderado pola empresa madrileña Sacyr, con participación de Caixanova, Caixa Galicia e Caja de Ahorros de Huelva e Sevilla, por 1586 millóns de euros. Esta empresa pasou a controlar no 2005, a través do grupo Itínere, o 100% de Audasa, concesionaria da AP-9.

A propiedade de Audasa foi trocando de mans co tempo. En 2018 Globalvía mercou por 723 millóns de euros o 55,6% de Itinere. Globalvía pertence a fondos de pensións controlados por tres compañías: a canadense USS, a holandesa OPTrust e PGGM, do Reino Unido. En 2019 Liberbank vendeu por 77 millóns de euros o 5,67% a Corsair chegando a ter o 43,6% de Audasa.

Transferencia En decembro de 2018 o congreso aprobou o traspaso da titularidade AP-9 a Galiza, unha transferencia solicitada coa unanimidade do parlamento galego. Dous anos despois, en xaneiro de 2020, como parte dos acordos para a investidura de Pedro Sánchez, o BNG pactou a axilización da transferencia e unha rebaixa para os usuarios recorrentes nas peaxes da autoestrada.

En febreiro de 2021, máis de dous anos despois de aceptalo por primeira vez, e cinco anos despois da primeira unanimidade ao respecto no Parlamento de Galicia, o pleno do Congreso dos Deputados volveu aceptar o inicio da tramitación da lei para o traspaso das competencias sobre a AP-9 ao Goberno galego.

+Accionistas de Audasapaíscompañía%custe Globalvía 55,6 % 723 millóns Corsair Capital 43,6%

Datos miniatura|Ponte da ría de Ferrol. A Autoestrada do Atlántico conta con 444 pasos a través da autoestrada e 6 túneles, que en total suman 7 km ao longo de toda a autoestrada. Ademais ten 65 pontes e viadutos, entre eles a que no seu día foi a ponte atirantada con máis de dous carrís máis longa do mundo, a ponte de Rande, protagonista de diversos anuncios publicitarios. Mide 1.555 metros, e obtivo en 1979 o premio europeo á construción metálica máis destacada.

En 1996, cando contaba con 156,3 km de lonxitude, a empresa concesionaria ingresou 46 870 000 € en concepto de peaxes, cunha afluencia media de 13.852 vehículos diarios. No 2004, xa con 219,6 km, ingresáronse 118 290 000 €, cunha media de 22.565 vehículos diarios, 38,61 % máis ca 8 anos antes.

Tarifas En 2024 a tarifa máxima (para cruzar de norte a sur, é dicir, dende Ferrol até Tui) era de:Tarifas oficiais {| class="wikitable" ! Categoría ! Vehículos |- | Lixeiros || Motocicletas con ou sen sidecar Turismos sen remolque Turismos con remolque sen roda xemelga en ningún eixe Furgóns e furgonetas de 2 eixes e 4 rodas Furgóns con remolque sen roda xemelga en ningún eixe Microbuses de dous eixes (4 rodas) |- | Pesados 1 || Turismos de 2 eixes e 4 rodas con remolque de 1 eixe con roda xemelga Furgóns e furgonetas de 2 eixes e 4 rodas con remolque de 1 eixe con roda xemelga Camións de 2 eixes Autocares de 2 ou 3 eixes e autocares de 2 eixes con remolque de 1 eixe Camións de 3 eixes e camións de 2 eixes con remolque de 1 eixe |- | Pesados 2 || Turismos de 2 eixes e 4 rodas con remolque de 2 eixes e polo menos 1 eixe con roda xemelga Camións e autocares con ou sen remolque cun total de 4 eixes ou máis Furgóns e furgonetas (de 2 eixes e 4 rodas con remolque de 2 ou máis eixes e polo menos 1 eixe con roda xemelga)

Peaxes do tramo Fene–A Coruña en 2024 Tipo de vehículo Prezo Lixeiros 5,60 € Pesados 1 8,30 € Pesados 2 10,80 €

Peaxes do tramo A Coruña–Santiago en 2024 Tipo de vehículo Prezo Lixeiros 7,95 € Pesados 1 11,30 € Pesados 2 13,95 €

Peaxes do tramo Santiago–Pontevedra en 2024 Tipo de vehículo Prezo Lixeiros 6,85 € Pesados 1 9,15 € Pesados 2 11,55 €

Peaxes do tramo Pontevedra–Vigo/Puxeiros en 2024 Tipo de vehículo Prezo Lixeiros 4,60 € Pesados 1 5,95 € Pesados 2 7,95 €

Peaxes do tramo Puxeiros–Tui en 2024 Tipo de vehículo Prezo Lixeiros 3,20 € Pesados 1 4,20 € Pesados 2 5,60 €

Tramos DenominaciónTramo Km AP-9 Ferrol – Intercambiador 37,5 AP-9 A Coruña – Vigo 153,5 AP-9 Teis – Tui 28,6

Zonas libres de peaxe miniatura|dereita|200px|Peaxe á entrada de Santiago de Compostela desde o sur. Dende o fin da autoestrada en Ferrol ata a peaxe de Fene segue sendo AP-9 e actuando coma circunvalación de Ferrol, Narón, Neda e Fene.

Coma variante da SC-20 a AP-9 forma parte da circunvalación de Santiago de Compostela.

Dende a peaxe de Poio ata a saída cara a Ourense-N-554 segue sendo AP-9 formando parte da circunvalación de Pontevedra. En Vigo tamén pasa a ser AP-9, formando parte da circunvalación de Vigo só nas saídas cara a Vigo, A-55, A-52 e AG-57.

Saídas AP-9 Tramo AP-9F: "Guísamo - Ferrol" Número de Saída Nome de Saída Estrada que enlaza25px Guísamo continúa en dirección A Coruña e Santiago de Compostela por  AP-9   AP-9 Ficheiro:AB-AS-blau.svg 0F 34px A CoruñaSantiago de Compostela  AP-9 30px Peaxe de Guísamo 15px 2F Guísamo  N-VI 15px 3F Bergondo - Sada  AC-161  Ponte da ría de Betanzos (lonxitude 1.050m) 15px 12F 30px Miño  AC-154 Ficheiro:SurtidorAutovia.pngFicheiro:RestauranteAutovia.pngFicheiro:TeléfonoAutovia.pngFicheiro:Cafeteria.png Área de Servizo de Miño 25px 30px Túnel de Campolongo 540m 15px 21F 30px Cabanas - Pontedeume  N-651   AC-564 25px 30px Túnel de Pedra de Couto 1000m. 15px 25F (en sentido Ferrol) Fene Sur 30px Peaxe de Fene 15px 27F Fene Norte  N-651 25px 30px Túnel de Sartego 1048m. 15px 31F Narón - Neda  AC-115 15px 34F Freixeiro  AC-115 Ficheiro:AB-AS-blau.svg 35F 34px VilalbaFerrol  AG-64   FE-13  25px Ferrol continúa por  FE-15    

Tramo AP-9: "A Coruña - Tui" Número de Saída Nome de Saída Estrada que enlaza25px A Coruña continúa en dirección Coruña  AC-11   AC-11 Ficheiro:AB-AS-blau.svg 3  Avenida Alcalde Alfonso Molina   Ponte da Pasaxe   AC-11   AC-12 15px 6 Ficheiro:SurtidorAutovia.pngFicheiro:RestauranteAutovia.pngFicheiro:TeléfonoAutovia.pngFicheiro:Cafeteria.png Área de Servizo do Burgo 15px 7 Cambre - Aeroporto de Alvedro  N-550 15px 12 (en sentido Coruña) Cambre - Mabegondo  AC-214   AC-221 Ficheiro:AB-AS-blau.svg 15 34px Ferrol - Pontedeume  AP-9F 30px Peaxe de Guísamo Ficheiro:AB-AS-blau.svg 16 34px Madrid - Lugo - Arteixo  A-6  Área de Descanso de Piadela Ficheiro:SurtidorAutovia.pngFicheiro:RestauranteAutovia.pngFicheiro:TeléfonoAutovia.pngFicheiro:Cafeteria.png Área de Servizo de Ameixeira 15px 41 Ordes  AC-524 15px 55 (en sentido Portugal) Sigüeiro - Aeroporto da Lavacolla 30px Peaxe de Sigüeiro Área de Descanso de Marantes Ficheiro:AB-AS-blau.svg 67 34px Santiago de CompostelaLugo - Aeroporto da Lavacolla  SC-20   A-54 Ficheiro:AB-AS-blau.svg 72A34px (en sentido Portugal) OurenseA Estrada  AP-53   AG-56 Ficheiro:AB-AS-blau.svg 72 Santiago de CompostelaOurense  SC-11   N-525 Ficheiro:AB-AS-blau.svg 75 34px Santiago de Compostela - MilladoiroNoia  SC-20   AG-56 30px Peaxe de Teo Ficheiro:SurtidorAutovia.pngFicheiro:RestauranteAutovia.pngFicheiro:TeléfonoAutovia.pngFicheiro:Cafeteria.png Área de Servizo de Compostela Ficheiro:AB-AS-blau.svg 93 PadrónRibeira  N-550   AG-11  15px 104 (en sentido Coruña) Ribeira - CatoiraValga  PO-100   N-550 15px 110 Caldas de Reis - Vilagarcía de Arousa  N-640 Ficheiro:SurtidorAutovia.pngFicheiro:RestauranteAutovia.pngFicheiro:TeléfonoAutovia.pngFicheiro:Cafeteria.png Área de Servizo do Salnes Ficheiro:AB-AS-blau.svg 119 Sanxenxo - O Grove  AG-41 30px Peaxe de Poio 15px 129 Pontevedra  PO-531 Ficheiro:AB-AS-blau.svg 132A 34px PontevedraOurenseVigo  PO-10   N-541   N-550 Ficheiro:AB-AS-blau.svg 132B 34px MarínPontevedra  PO-10   PO-12  Área de Descanso de Bértola 15px 137 Redondela - Vilaboa  N-550 30px Peaxe de Figueirido Ficheiro:SurtidorAutovia.pngFicheiro:RestauranteAutovia.pngFicheiro:TeléfonoAutovia.pngFicheiro:Cafeteria.png Área de Servizo de San Simón Ficheiro:AB-AS-blau.svg 146 Moaña - Cangas de Morrazo  CG-4.1 15px 148 (en sentido Coruña) Redondela  N-552 Ficheiro:AB-AS-blau.svg 151 34px Vigo - ChapelaTeis  AP-9V   N-552 25px Túnel de Madroa 440m 25px Túnel de Candeán 860m 15px 157 Redondela - Aeroporto de Vigo  N-556 Ficheiro:AB-AS-blau.svg 159 34px Vigo - TuiMadrid - Ourense  A-55   A-52 Ficheiro:AB-AS-blau.svg 161 34px VigoNigrán - Baiona  VG-20   AG-57 15px 166 O PorriñoVigo - TuiOurense  A-55   A-52 30px Peaxe de Porriño Ficheiro:AB-AS-blau.svg 178 34px TuiVigo - Portugal  A-55  25px Tui continúa en dirección Portugal por  A-55   A-55 

Tramo AP-9V: "AP-9 - Vigo" Número de Saída Nome de Saída Estrada que enlaza25px Continúa en dirección Coruña e Portugal por  AP-9   AP-9 Ficheiro:AB-AS-blau.svg 0V 34px A CoruñaPortugal  AP-9 15px 1V (en sentido Vigo) Teis - Chapela  N-552 15px 2V (en sentido Vigo)  Avenida Bos Aires  - Aeroporto de Vigo 15px 4V (en sentido Vigo)  Avenida García Barbón  - Porto de Vigo 25px Vigo

Uso do galego Malia que o seu percorrido discorre completamente por Galiza, na autoestrada AP-9 moitos dos paneis informativos están en castelán, como os indicadores dos viadutos, das áreas de servizo, ou os carteis informativos das peaxes. En 2013 Audasa recibiu 54 denuncias da Garda Civil por rotular en galego os sinais da autoestrada. Estas sancións foron anuladas e o Ministerio de Fomento ordenou que se rotulasen as peaxes da autoestrada en galego, castelán e inglésFomento ordena ahora que las señales de peaje estén en gallego, castellano e inglés lavozdegalicia.es.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Autopista, unha navallada á nosa terra Ligazóns externas Páxina oficial de Audasa, concesionaria da AP-9 Páxina de afectados en Accidentes na AP-9