miniatura|Tango. miniatura|Tango, fileteado de Martiniano Arce (2006). O tango é un estilo musical e unha danza do Río da Prata, propia das cidades de Buenos Aires e Montevideo, de natureza netamente urbana e renome internacional. Musicalmente ten forma binaria e compás de dous por catro. É clasicamente interpretado mediante orquestra típica ou sexteto e ten o bandoneón como instrumento esencial. A coreografía, deseñada a partir do abrazo da parella, é sumamente sensual e complexa. As letras están compostas con base nun argot local chamado lunfardo e adoitan expresar as tristezas, especialmente «nas cousas do amor»Do tango Que me van a hablar de amor, de Héctor Stamponi e Homero Expósito (1946), que senten os homes e as mulleres da vila, circunstancia que o emparenta en certo modo co blues. Enrique Santos Discépolo, un dos seus máximos poetas, definiu o tango como «un pensamento triste que se baila».Ernesto Sabato: Tango: discusión y clave (páx. 11). Bos Aires: Losada, 1963.
Concepto Orixes culturais: arte urbana de fusión Se ben o tango recoñece afastados antecedentes africanos, latinoamericanos e europeos, as súas orixes culturais fusionáronse de tal modo que resulta case imposible recoñecelas. En esencia o tango é unha expresión artística de fusión, de natureza netamente urbana e raíz suburbana («arrabaldeiro»), que responde ó proceso histórico concreto da inmigración masiva, maioritariamente europea, que reconstituíu completamente as sociedades do Río da Prata, especialmente as de Buenos Aires, Rosario e Montevideo, a partir das últimas décadas do século XIX.
A Arxentina, que en 1850 contaba con 1,1 millóns de habitantes, recibiu 6,6 millóns de inmigrantes entre 1857 e 1940. O Uruguai sufriu un proceso similar. Trátase dunha experiencia humana «aluvial» case sen comparación na historia contemporánea.
A diferenza doutras zonas do mundo, os inmigrantes que chegaron ó Río da Prata a partir da segunda metade do século XIX superaban en cantidade as poboacións nativas, e foron parte dun intensivo proceso de mestizaxe multicultural e multiétnica, en gran medida inducida polo Estado a través dunha formidable promoción da escola pública laica.
O tango é fillo directo desa intensa mestizaxe. Sábese que os primeiros tangueiros eran afroarxentinos e afrouruguaiosA presenza negroafricana na Arxentina; Pasado e permanencia; que o bandoneón provén de Alemaña; que a súa sensualidade deriva da súa orixe prostibularia, onde os inmigrantes europeos que chegaban sós a buscar emprego mantiñan relacións sexuais coas nativas, maioritariamente afroarxentinas e indoamericanas denominadas «chinas». Sábese tamén que o argot do tango, o lunfardo, está cheo de expresións italianas e africanas; que o seu ritmo e clima nostálxico están emparentados coa habanera cubana; e que «tango, milonga, malambo e candombe», son parte dunha mesma familia musical de raíces africanas e costumes provenientes dos gauchos que emigraron á cidade.
Porén, o tango non se confunde nin deriva de ningún estilo musical en particular. Ernesto Sabato dixo que sobre tódalas cousas o tango é un híbrido, unha expresión orixinal e nova que deriva dunha mobilización humana xigantesca e excepcional.
Sexo e tristeza Ya los años se van pasando, y en mi pecho no entra un querer, en mi vida tuve muchas, muchas minas pero nunca una mujer... Patotero sentimentalM.: Manuel Jovés. L.: Manuel Romero
O desexo sexual, sublimado en sensualidade, e a tristeza ou melancolía, derivada dun estado permanente de insatisfacción, son os compoñentes centrais do tango. Nas súas orixes eses sentimentos afloraron da dura situación de millóns de traballadores inmigrantes, maioritariamente homes, solitarios nunha terra estraña, que acudían masivamente ós prostíbulos, onde o sexo pago acentuaba «a nostalxia da comuñón e do amor, a saudade da muller» e a evidencia da soidade.Sabato, 14 O tango emerxeu así dun «resentimento erótico» masivo e popular, que conduciu a unha dura reflexión introspectiva, tamén masiva e popular, sobre o amor, o sexo, a frustración e finalmente o sentido da vida e a morte para o home común.
No curso do século XX e coa importancia que adquiriu a sexualidade e a introspección, así como unha visión existencial e menos optimista da vida, o tango desenvolveu os seus compoñentes básicos como unha expresión artística notablemente relacionada coa problemática do home contemporáneo.
O arrabalde Arrabal amargo... Con ella a mi lado no vi tus tristezas, tu barro y miserias,... Arrabal amargoM.: Carlos Gardel. L.: Alfredo Le Pera
O tango é unha arte de raíz suburbana, «arrabaldeira», derivado da súa natureza popular. Xorde e desenvólvese nos barrios de traballadores que rodean as cidades do Río da Prata, o arrabalde. Para o tango o arrabalde é a musa inspiradora, o lugar de pertenza que non se debe abandonar, nin traizoar, nin esquecer. Por riba de tódalas cousas, o tangueiro é unha persoa «de barrio». Na linguaxe do tango, o arrabalde e o centro compoñen dous polos opostos: o arrabalde, moitas veces unido indisolublemente ós amigos e ós «vellos» (os pais), expresa o verdadeiro e o auténtico, en tanto que o centro adoita expresar o pasaxeiro, «as luces» que engaiolan, o fracaso.
O sentimento de pertenza ó arrabalde levou o tango a construír culturas de barrio, a darlles personalidade. Sobre todo en Buenos Aires, o tango está indisolublemente ligado á identidade dos «100 barrios porteños». A cidade do tango é unha cidade vivida desde o arrabalde.
A música Jorge Luis Borges destacaba que a música de tango está tan conectada co mundo do Río da Prata que cando un compositor de calquera outra parte do mundo pretende compoñer un tango «descobre, non sen estupor, que urdiu algo que os nosos oídos non recoñecen, que a nosa memoria non hospeda e que o noso corpo rexeita».Citado por Sabato, 94.
Esta característica fortemente local do tango, imbricada co ritmo e a musicalidade da linguaxe do Río da Prata, foi reiteradamente sinalada.
Unha das primeiras características da música de tango foi a exclusión dos instrumentos de vento-metal e percusión, quitándolle estridencias co fin de construír unha sonoridade intimista e cálida, capaz de transmitir a sensualidade que o definiu desde un principio.
Lastima, bandoneón, mi corazón tu ronca maldición maleva tu lágrima de ron me lleva hacia el hondo bajofondo donde el barro se subleva. La última curda Música: Aníbal Troilo. Letra: Cátulo Castillo
O bandoneón é o corazón da música de tango, chegando a dicirse que «bandoneón e tango son a mesma cousa». De orixe alemá, foi adoptado polos tangueiros ó iniciarse o século XX para substituír a presenza inicial da frauta e completar o son inconfundible do tango. Cátulo Castillo atribúelle «...ao bandoneón a definitiva sonoridade de lamento que ten o tango, a súa inclinación á queixuma, ao rezongo»Citado por Sabato, 101. O bandoneón impúxolle ó tango a súa definitiva forma complexa, integrando a melodía nunha base simultaneamente rítmica e harmónica.Zucchi, Oscar (1998): El tango, el bandoneón y sus intérpretes. Buenos Aires: Correxidor (consultar fragmento en liña) .
Esta complexidade melódica-rítmica-harmónica, foi fortalecida máis adiante coa incorporación do piano, en substitución da guitarra, e o desenvolvemento dunha técnica de execución especial para o tango, fundada na percusión rítmica. Deste modo a base instrumental do tango queda definida como trío de bandoneón, piano e violín.
Sobre a base dos seus instrumentos básicos confórmase a orquestra típica de tango, inventada orixinalmente por Julio de Caro nos anos 20 e consolidada principalmente en forma de sexteto coa seguinte integración: piano, dous bandoneóns, dous violíns e contrabaixo. A orquestra de tango, propiamente dita, segue o mesmo esquema, ampliando o grupo de bandoneóns, e agregando violas e violoncellos ó grupo das cordas.
O tango naceu como música instrumental exclusivamente para ser bailado. Co tempo incorporou o canto, case sempre solista, eventualmente a dúo, sen coro, pero mantendo de xeito bastante marcado a separación entre tangos instrumentais e tangos cantados.
Musicalmente o tango ten forma binaria. Orixinalmente escrito en compás de 2/4, terminou escribíndose en compás de 4/8.
As letras As letras están compostas en base a un argot local chamado lunfardo e adoitan expresar as tristezas, especialmente «nas cousas do amor»,Del tango Qué me van a hablar de amor, de Héctor Stamponi e Homero Expósito (1946) que senten o home e a muller do pobo, circunstancia que o emparenta co blues.
A poesía do tango ten a inhabitual característica de ser considerablemente complexa, co uso de metáforas e reflexións filosóficas, e ó mesmo tempo moi popular, sobre todo nos estratos máis humildes da poboación.
Imaxes como «el misterio de adiós que siembra el tren» que utiliza Homero Manzi en "Barrio de tango" (1942), ou «las nieves del tiempo platearon mi sien» de Carlos Gardel en "Volver" (1935), ou «tu mezcla milagrosa de sabihondos y suicidas» creada por Enrique Santos Discépolo en "Cafetín de Buenos Aires" (1948), ou «tinta roja en el gris del ayer» que Cátulo Castillo puxo en "Tinta roja" (1941), reúnen unha alta complexidade poética xunto cunha alta popularidade, que persistiron cos anos.
Os temas principais e máis coñecidos das letras de tango son o desengano amoroso e o paso do tempo, pero tamén a cidade e os seus personaxes, a problemática social e política, o amor, a morte, o fútbol e o propio tango. Llora, llora corazón, llora si tienes por qué, que no es delito en el hombre, llorar por una mujer, Angustia; letra e música de Horacio Pettorossi
O desengano amoroso como tema central do tango é un lugar común, aínda que só parcialmente certo. Probablemente o que chama a atención na forma na que o tango aborda o desengano amoroso sexa o contraste do home «duro» e orientado ó machismo, emocionalmente restrinxido, que se abre nas letras do tango, amosando a súa interioridade e a profundidade do seu sufrimento. No tango os homes choran e falan das súas emocións, nun mundo no que os homes non deben chorar nin expor os seus sentimentos.
A reflexión sobre o paso do tempo é unha característica moi especial das letras de tango, quizais tanto ou máis que o desengano amoroso. Practicamente tódolos tangos conteñen unha mirada desagarrada sobre o efecto destrutivo do tempo sobre as relacións, as cousas e a vida mesma. Por riba de todo o poeta de tango manifesta a súa impotencia ante esa «fiera venganza la del tiemp'»"Esta noche me emborracho" (1928), letra e música de Enrique Santos Discépolo e expresa «el dolor de ya no ser»."Cuesta abajo" (1934), letra de Alfredo Le Pera e música de Carlos Gardel.
Exemplos de tangos clásicos por tema: Desengano amoroso: Mano a mano (Celedonio Flores), Uno (Discépolo), Nostalgia (Discépolo), Esta noche me emborracho (Discépolo), Amargura (Le Pera). O paso do tempo: Volver (Le Pera), Caminito (Coria Peñaloza), El corazón al sur (Eladia Blázquez), Tinta roja (Castillo). Problemática social: Cambalache (Discépolo), Que vachaché (Discépolo), ¿Dónde hay un mango, viejo Gómez? (Pelay), Chiquilín de Bachín (Ferrer). A morte: Sus ojos se cerraron (Le Pera), Adiós muchachos (Veldani), Adiós Nonino (Eladia Blázquez). O amor: El día que me quieras (Le Pera), De todo te olvidas (cabeza de novia) de Cadícamo, Amores de estudiante (Le Pera), Los mareados (Cadícamo). A cidade: Mi Buenos Aires querido (Le Pera), Cafetín de Buenos Aires (Discépolo), Barrio de tango (Castillo), A media luz (Lenzi), Yo soy la morocha (Villoldo), Balada para un loco (Ferrer), Sur (Manzi). O tango: Malena (Manzi), Che, bandoneón (Manzi), El firulete (Taboada), La canción de Buenos Aires (Romero), Así se baila el tango (Marvil), Pa’ que bailen los muchachos (Cadícamo), Siga el baile (Warren), Che, papusa, oí (Cadícamo), La última curda (Castillo).