Sexto Xulio Africano, nado en Xerusalén sobre o 160 e finado sobre 240, foi un historiador e apoloxista helenista de influencia cristián-africana. Traxectoria Naceu en Aelia Capitolina (antiga Xerusalén). Foi oficial ao servizo do emperador Septimio Severo. Alexandre Severo encargoulle organizar unha biblioteca para el en Roma. Estableceu certa amizade con Oríxenes. Viviu en Nicópole, Palestina (Emaús) de onde foi bispo "segundo a tradición" (cousa posibelmente falsa). Morreu en Xerusalén cara ao ano 250. Obras Escribiu unha obra chamada CrónicasMartin Wallraff (ed.), Iulius Africanus: Chronographiae. The Extant Fragments, reviewed by Hagith Sivan (Bryn Mawr Classical Review) (cronografía), a primeira historia sincrónica do pobo grego e xudeu, desde a data da Creación (-5500 segundo os seus cálculos) ata a época de Heliogábalo (221). Os cinco libros das súas Crónicas, dos que só perduran algúns fragmentos, son referencia obrigada para os escritores Eusebio de Cesarea, Xurxo Sincelo, Cedreno, o redactor da Crónica Paschale e outros posteriores. Xulio Africano copiou de Manetón, adaptándoo á súa mentalidade de cristián africano, redactando con afán apoloxético máis que de historiador.

Notas

Categoría:Historiadores da Roma Antiga Categoría:Escritores en lingua grega Categoría:Nados no século II Categoría:Finados no século III Categoría:Nados en Xerusalén