Semerkhet foi o sétimo faraón da primeira dinastía de Exipto, c. -2861--2853 (von Beckerath). Traxectoria Segundo Manetón reinou 18 anos, e denomínao Semempses (Xulio Africano e Eusebio de Cesarea), ou Mempses (versión armenia de Eusebio).

Na Lista Real de Abidos figura como Semsu. O Canon Real de Turín chámao Semsem e dá 72 anos.

Manetón comentou que era fillo do anterior rei e que durante o seu reinado ocorreron numerosos prodixios e unha gran calamidade (epidemia) caeu sobre Exipto. Puido ser un fillo de raíña Betrest, esposa de Anedjib, e de pai descoñecido.

O seu sucesor, Qaa, considerouno usurpador do trono, pois ordenou borrar as súas inscricións.

Testemuños da súa época

O lugar da súa sepultura é a tumba U, na necrópole de Umm el-Qaab, en Abidos. Inscricións incisas en tarros, e unha cunca de Helwan (Saad). Inscrición incisa na tumba U de Abidos, UC 36756 (Museo Petrie). Inscrición de selos reais no cemiterio de Umm el-Qaab (Dreyer 1985-95).

Predecesor: Anedjib FaraónPrimeira Dinastía Sucesor: Qaa

Categoría:Primeira dinastía de Exipto Categoría:Faraóns