miniatura|Fotografía coa autografía de Maxim Gorki. Aleksei Maksimovich Peshkov, (en ), nado en Nizhnii Novgorod o 28 de marzo de 1868 e finado en Moscova o 18 de xuño de 1936, máis coñecido polo seu pseudónimo Maxim Gorki (en ), foi un escritor ruso identificado co movemento revolucionario soviético.
Traxectoria Aleksei Peshkov era fillo dun tapiceiro que con moito traballo e esforzo mellorou máis tarde a súa posición social. Gorki empezou desde neno a desempregar oficios variados, ata que decidiu abandonar o fogar paterno para facer a súa vida independentemente. No transcurso de 18 anos, entre 1875 e 1893, o autor traballou como empregado de pintor, axudante de panadeiro, camareiro de barco, empregado de ferrocarrís e mesmo como vendedor de bebidas.
Comezou a utilizar o pseudónimo Gorki en 1892, mentres traballaba en Tbilisi para o xornal Кавказ (O Cáucaso).
Toda a experiencia acumulada ó longo desa época enriquecería máis tarde a bagaxe temática do escritor. De feito, as súas vivencias e as das persoas coas que traballou e conviviu deron vida ós relatos das súas obras autobiográficas Infancia, Entre os homes e As miñas entrevistas.
Unha das súas experiencias, a súa permanencia como pasante de avogado, foi a que espertou o seu gusto pola literatura e o seu interese pola cultura. En adiante, a lectura foi actividade crucial nos seus días e máis tarde deu vida ás súas primeiras narracións: Makar-Tchudra (1892) ou Tchelkach (1895).
A súa obra miniatura|Selo conmemorativo dedicado ó escritor. A obra de Maxim Gorki medrou axiña. Xa en 1898 reunira a súa produción narrativa en dous volumes. A súa persoa era cada vez máis popular, os seus contos agradaban ó público e a súa fama transcendera as fronteiras para levar o seu nome por toda Europa.
Entón, tamén as súas producións teatrais Pequenos burgueses e Os baixos fondos acadaron o éxito. Foron levadas a escena en 1902 no Teatro de Artes de Moscova e máis tarde recorreron os mellores escenarios de Europa. Estas obras de teatro empregaron de xeito innovador técnicas naturalistas estruturando unha serie de tramas paralelas nas que practicamente tódolos personaxes tiñan a mesma importancia.
Noutros campos seguiu acadando novos logros. Da narrativa curta pasou á de longo alcance con novelas como “Varen’ka Olesova” (1898), Foma Gordeev (1899) e Os tres (1900).
En San Petersburgo estableceu contacto con destacados marxistas que o motivaron a volver a vista cara aos problemas sociais, convencéndoo da conveniencia do movemento revolucionario. Tamén na súa obra plasmou a súa simpatía con estes ideais, como o amosan os seus dramas O canto do petrel, Os veraneantes, Os fillos do sol, Os inimigos ou Os bárbaros. Porén, a censura recaeu sobre algúns deles. Foi nomeado membro honorario da Academia Imperial de Ciencias, pero en 1902 foille anulado o posto a causa de diverxencias políticas. Porén, Maxim Gorki non estaba disposto a ceder nos seus ideais e seguiu apoiando á Revolución, o que o levou ó cárcere.
En 1907 mudouse a Capri por severos problemas de saúde, e alí xa nese ano escribiu a súa obra máis popular, A nai, na que relata a evolución do pensamento da nai dun obreiro socialista, así como a contorna da Rusia revolucionaria. Na illa italiana estableceu un centro de emigración revolucionaria ata pouco antes de estalar a primeira guerra mundial. Mentres tanto, a súa fama ía en decadencia e el mesmo sufría unha crise de identidade influenciado polas ideas de Tolstoi.
Ó estalar a Revolución rusa en 1917 encontrábase na súa patria, onde traballou activamente no eido cultural ata 1921, cando se traslada a Alemaña, onde permanece tres anos.
Despois estivo en Sorrento, e en 1928 regresa a Rusia, onde empeza a etapa da súa obra na que sustentou o réxime soviético. Maxim Gorki morreu en Moscova o 14 de xuño de 1936.
Notas
Véxase tamén
Escritores en lingua rusa Categoría:Escritores de Rusia Categoría:Nados en Nizhnii Novgorod Categoría:Finados en 1936 Categoría:Orde de Lenin