Shenyang ocupou un lugar fronteirizo no extremo nordeste da China histórica. Así, a súa fundación atribúese a Qin Kai, xeneral do estado de Yan (rexión da actual Pequín) durante o Período dos Reinos Combatentes (cara ao 300 a. C.). Establecida entón coma posto defensivo de vangarda do territorio de Yan, é nomeada Houcheng.

Durante a Dinastía Han (200 a. C. - 220 d. C.) os límites da cidade aparecen xa ben definidos sendo en adiante centro administrativo, co nome de Shenzhou na Dinastía Tang (600 - 900); importante guarnición militar coa Dinastía Liao (século X) rodeada dun parapeto de terra; prefectura de Shen na Dinastía Jin (século XII) e unha das súas tres capitais; e Shenyang Lu no tempo da Dinastía Yuan (século XIII).

No período da Dinastía Ming (século XIV - XVII), co nome de Shenyang Zhongwei, a cidade arrodéase dunha muralla coa tradicional forma cuadrangular e ortogonal do urbanismo chinés.

Século XVII

miniatura|Planta de Mukden.

En 1625, o líder dos manchús Nurhaci a fai a súa capital no proceso de conquista do debilitado Imperio Ming. Reconstrúe reforzándoa a muralla da cidade pasando de catro a oito portas e inicia a construción dun pazo imperial para a dinastía que funda, a Qing. En 1634 a capital manchú recibe o nome de Mukden. miniatura|250px|Pazo Imperial de Mukden.

Nurhaci dispón o seu pazo coa disposición típica das tendas manchús. Con todo, en 1631 o seu sucesor Huang Taiji, proxecta unha ampliación que copia xa a disposición da Cidade Prohibida de Pequín.

En 1644 a Dinastía Qing domina toda China e sucede no poder á de Ming. A capitalidade e corte trasládase a Pequín. Mukden e o seu pazo pasan a seren residencias secundarias ocasionais.

Século XVIII No século XVIII, o crecemento da cidade decide a erección dun segundo cinto amurallado exterior con oito portas. En 1780, tamén o pazo foi ampliado de novo por vontade do emperador Qianlong.

Século XX miniatura|A estación de Mukden (antes de 1945) A súa tradición fronteiriza confírmase no comezo do século XX. O sur de Manchuria convértese no teatro da belixerancia entre as potencias emerxentes, o Imperio Ruso e o Imperio Xaponés, a costa dunha agonizante dinastía imperial chinesa. Así entre 1900 e 1905 a cidade cae baixo o control ruso. Lévase a cabo unha primeira industrialización co gallo da arribada do ferrocarril do sur de Manchuria e o do norte. As dúas estacións na cidade convértense en polos de expansión máis aló das murallas.

A caída definitiva da monarquía imperial chinesa supuxo un baleiro de poder que ocupou en Manchuria un señor da guerra, Zhang Zuolin quen dispuxo en Shenyang, tamén chamada Fengtian, a súa capital a partir de 1911. Foi o verdadeiro dinamizador da economía industrial manchú, construíndo na cidade fábricas de munición nos suburbios do norte e leste.

Entre 1931 e 1945, tralo chamado Incidente de Mukden, prodúcese a ocupación xaponesa e o establecemento do estado monicreque de Manchukuo. A industrialización prosegue na cidade ata se converter nun dos centros da industria pesada máis importantes da China, acentuándose trala toma do poder definitivo polos comunistas en 1948.

A tarefa actual da cidade é a de reconverter esa estrutura industrial xa obsoleta e non competitiva.

Notas

Categoría:Historia por cidade Categoría:Shenyang Categoría:Historia da China