Na estradaFicha en Bitraga. (en ) é unha novela escrita por Jack Kerouac en 1951 e publicada por primeira vez en 1957 na editorial estadounidense Viking Press. En galego, traduciuna Xesús Fraga e publicouna a editorial Kalandraka en 2020. É unha obra en parte autobiográfica escrita como un monólogo interior, baseada nas viaxes que Kerouac e os seus amigos fixeron polos Estados Unidos e México entre 1947 e 1950. Contribuíu á mitificación da ruta 66. Está considerada como a obra definitiva da xeración beat e recibe inspiración do jazz, a poesía e as drogas.
É un dos clásicos máis influentes do século XX, e hoxe en día reedítase a un ritmo de 100.000 copias anuais, sendo considerado pola revista Time como unha das cen mellores novelas en inglés editadas desde o nacemento da revista en 1923.
Con esta novela Kerouac foi cualificado como o novo Charlie Parker, e o seu estilo foi denominado como "prosa espontánea", e comparado co Be Bop debido ó seu ritmo frenético e improvisado.
Foi escrita en só tres semanas, mentres Kerouac vivía coa súa segunda esposa Jane Haverty nun apartamento no número 454 da rúa 20 oeste de Manhattan, e foi mecanografada sen marxes nin parágrafos diferenciados nun longo rolo de papel ó que Kerouac chamaba simplemente o rolo. Contrariamente á lenda, non utilizou máis drogas que o café para escribir a novela.
O rolo orixinal é actualmente propiedade de James Isray, o propietario do equipo de fútbol americano Indianapolis Colts, quen o comprou por unha elevada suma de diñeiro e permite a súa exposición en universidades, museos e centros culturais.
A lendaria historia sobre como escribiu Kerouac o libro pasa por alto a tediosa organización e preparación previa antes da súa explosión creativa. Kerouac levaba pequenos cadernos nos que escribía notas para preparar a novela durante o seu tempo libre, algunhas delas incluídas no libro pese a escribilas como notas sen ordenar sete anos antes das viaxes. Kerouac corrixiu a novela varias veces antes de que o escritor e asesor da editorial Viking Press decidira publicala.
En 2006 comezou a prepararse unha adaptación ó cine, dirixida por Walter Salles baixo a produción de Francis Ford Coppola.
En agosto de 2007 publicouse unha edición sen censurar da novela coincidindo co 50 aniversario da publicación orixinal, incluíndo partes que foron consideradas inadecuadas daquela, e substituíndo tamén os pseudónimos que utilizou Kerouac polos nomes reais dos personaxes.
Argumento O libro comeza presentando ó impulsor da maioría das aventuras que teñen lugar ó longo da novela, Dean Moriarty, pseudónimo de Neal Cassady, que fora o aloucado hipster que se converteu en heroe de tódolos beats. O narrador é Sal Paradise, alter ego de Kerouac, fascinado polo seu ecléctico grupo de amigos, polo jazz, polas paisaxes de Norteamérica e polas mulleres.
A cidade de Nova York é o punto de partida da aventura, onde pouco antes da chegada de Moriarty, Sal Paradise (Kerouac) coñecería a Carlo Marx (sobrenome de Allen Ginsberg), que axiña se convertería no seu mellor amigo na cidade. Sal define a Dean como o estafador santo de mente brillante e a Carlo como o estafador poético e doloroso de mente escura. Carlo e Dean falan das súas experiencias cos seus amigos por todo o país e Sal queda fascinado con eles e con outros que irá coñecendo máis tarde nas viaxes.
As viaxes 250px|miniatura|Mapa das viaxes de Kerouac por Norteamérica relatadas en On the Road. Vermello: 1947; Azul:1949; Verde:1950.
1947
Nova York → Chicago → Newton (Iowa) → Stuart (Iowa) → Cheyenne (Wyoming) → Denver (Colorado) → Salt Lake City (Utah) → San Francisco (California) → Marin City → Hollywood → Os Ánxeles → Selma (California) → Dalhart (Texas) → Indianapolis, (Indiana) → Harrisburg (Pensilvania) → Nova York.
1949
Rocky Mount (Carolina do Norte) → Algiers (Luisiana) → San Francisco → Nova York.
1950
Nova York, → Terre Haute (Indiana) → St. Louis (Missouri) → Denver → Amarillo (Texas) → Terre Haute (Indiana) → San Antonio (Texas) → Laredo (Texas) → Nuevo Laredo (Tamaulipas) → Hidalgo (Nuevo León) → Ciudad Victoria → Llera de Canales → México DF.
As personaxes Sal Paradise Jack Kerouac Dean Moriarty Neal Cassady Chad King Haldon "Hal" Chase Carlo Marx Allen Ginsberg Marylou LuAnne Henderson Tim Gray Ed White Ed Wall Ed Uhl A tía Gabrielle Kerouac (nai do autor) Old Bull Lee William S. Burroughs Elmer Hassel Herbert Huncke Jane Lee Joan Vollmer Adams Burroughs Tommy Snark Jim Holmes Roy Johnson Bill Tomson Ed Dunkel Al Hinkle Rocco Paul Blake (cuñado do autor) Remi Boncœur Henri Cru Lee Ann Dianne Orin Ray Rawlins Bob Burford Babe Rawlins Beverly Burford Mary Bettencourt Ruth Gullion Rita Bettencourt Helen Gullion Roland Major Allan Temko William Holmes “Big Slim” Hazard William Holmes “Big Slim” Hubbard Betty Gray Joanie White (esposa de Ed White) Camille Carolyn Cassady (nada Robinson) Denver D. Doll Justin Brierly Old Dean Moriarty Neal Cassady pai Mr. Snow ? “The famous director” Gregory La Cava Terry Bea Franco Peaches Ginger Chase Dorie, “Tall redhead” Vicki Russell Amy Moriarty Catherine Cassady Galatea Dunkel Helen Hinkle Lucille Pauline Tom Saybrook Ed Stringham Ian MacArthur John Clellon Holmes Damion Lucien Carr Mona Rhoda Rollo Greb Alan Ansen Dodie Lee Julie Burroughs Ray Lee William S. Burroughs Jr. Dale Kells Elvins Hal Hingham Alan Harrington Marie Lorraine Dorothy Johnson Helen Tomson Sam Brady (curmán de Neal Cassady) Inez Diana Hansen Angel Luz García José García Villa Walter Evans Walter Adams Victor Villanueva Victor Tejeira Jinny Jones Jinny Baker Lehrman Gene Dexter Gene Pippin Stan Shepard Frank Jeffries Victor Gregorio Laura Joan Kerouac (nada Haverty) Joanie Moriarty Jami Cassady
Notas
Categoría:Obras literarias de 1957 Categoría:Novelas en inglés Categoría:Novelas ambientadas nos Estados Unidos de América