Xosé Crespo Iglesias,Xosé Crespo Iglesias (10/12/2004) "Resolución del Ayuntamiento de Lalín..." Boletín Oficial del Estado n.º 310 de 25/12/2004 .Diario Oficial de Galicia Núm. 13. Martes, 20 de enero de 2009. Pág. 1.440 Xunta de Galicia . nado no Souto, Xaxán (Lalín) o 12 de maio de 1959, é un político galego do Partido Popular de Galicia. miniatura|200px|Papeleta dos candidatos ao Senado por Pontevedra nas Eleccións Xerais de 2016.
Traxectoria Estudou no Seminario de Lugo e iniciou estudos de Filoloxía Hispánica na Universidade de Santiago de Compostela. Comezou a súa carreira política como pedáneo da súa parroquia. Participou na constitución da cooperativa Aprodeza, da que foi presidente. Nas eleccións municipais de 1987 foi elixido concelleiro polo Partido Popular na lista que encabezaba Xosé Cuíña. Cando Cuíña foi elixido deputado autonómico e Conselleiro de Política Territorial e Obras Públicas da Xunta de Galicia sucedeuno como alcalde de Lalín o 3 de febreiro de 1990. Continuou como alcalde de Lalín ao gañar as eleccións de 1991, 1995, 1999, 2003, 2007 e 2011 con maioría absoluta. En 2015 perdeu a maioría absoluta e a alcaldía ó apoiar os demais grupos políticos como alcalde a Rafael Cuíña, candidato de Compromiso por Galicia e fillo do seu antecesor.
Foi secretario comarcal do Partido Popular do Deza e vicepresidente da Deputación de Pontevedra.
O 4 de decembro de 2003 converteuse en presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), posto que ocupou ata 2007. O 31 de maio de 2005 accedeu á vicepresidencia do Consello Territorial da Federación Española de Municipios e Provincias (Femp), posto que abandonou o 19 de setembro de 2015.
Designado coordinador da campaña electoral para as eleccións autonómicas de 2005, o 15 de xaneiro de 2006 foi nomeado secretario de organización do PPdeG.
Nas eleccións xerais de 2015 foi elixido senador pola provincia de Pontevedra, onde se mantivo ata 2019.
Volveu a ser alcalde de Lalín en 2019, cando volveu gañar por maioría absoluta, ó igual que en 2023.
Vida familiar É irmán de Antonio Crespo Iglesias, veterinario e tamén político do PP e, desde 2016, Presidente da Academia de Ciencias Veterinarias de Galicia.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Outros artigos Lista de senadores galegos desde a Transición Eleccións municipais en Lalín Federación Galega de Municipios e Provincias
Ligazóns externas Ficha no Senado
Categoría:Alcaldes de Lalín Categoría:Alcaldes de Galicia polo PPdeG Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Deputados provinciais de Pontevedra Categoría:Senadores por Pontevedra Categoría:Nados en Lalín Categoría:Nados en 1959 Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Senadores de España polo PP