Ennio Morricone, nado en Roma o 10 de novembro de 1928 e finado o 6 de xullo de 2020 na mesma cidade, foi un compositor de música italiano.

Traxectoria De pequeno foi compañeiro de colexio de Sergio Leone, co que máis tarde colaborou en case tódalas súas películas ata a morte deste. Tralo colexio ingresou no Conservatorio Santa Cecilia de Roma, onde estudou trompeta e composición. A súa carreira cinematográfica empezou nos 60, estando aínda activo, polo que é un dos compositores actuais máis prolíficos, con máis de 500 traballos feitos.

Foi moi criticado por uns e moi aclamado por outros, debido á súa atípica música, pero ante todo foi valente integrando instrumentos pouco comúns entre as grandes orquestras. En 1964 tocou no grupo de improvisación Nuova Consonanza fundado por Franco Evangelisti.

Tampouco pasou desapercibida a súa colaboración con grandes directores como Pier Paolo Pasolini, Bernardo Bertolucci, Gillo Pontecorvo, Brian De Palma, Marco Bellocchio ou Pedro Almodóvar.

É un dos máis coñecidos dos compositores cinematográficos, grazas sobre todo á música dos "spaghetti western", pero tamén por melodías como as de A misión ou Nuovo Cinema Paradiso.

Tamén compuxo obras para series de televisión. Entre as máis coñecidas están Il segreto del Sahara, La piovra, Marco Polo ou Moses the Lawgiver.

Compuxo a marcha da Copa Mundial de FIFA Arxentina 1978.

En 2020, recibiu o Premio Princesa de Asturias das Artes.

Obras Anos 60 1961 - Il federale 1964 - Por un puñado de dólares 1964 - Prima della rivoluzione (Con G. Paoli) 1965 - Slalom 1965 - Per qualche dollaro in più 1965 - La battaglia di Algeri 1965 - I pugni in tasca 1965 - Una pistola per Ringo 1966 - Le streghe (Con Piero Piccioni) 1966 - O bo, o feo e o malo 1966 - Uccellacci e uccellini 1966 - Matchless 1967 - Os canóns de San Sebastián 1967 - Quién sabe? 1967 - L'avventuriero 1967 - Faccia a faccia 1968 - Teorema 1968 - Ecce Homo 1968 - Ata que chegou a súa hora 1968 - Galileo 1968 - Escalation 1969 - Dúas mulas e unha muller 1969 - Le clan des Siciliens 1969 - Ruba al prossimo tuo 1969 - Krasnaya palatka

Anos 70 1970 - La califfa 1970 - Vamos a matar, compañeros 1970 - L'uccello dalle piume di cristallo 1970 - Le foto proibite di una signora per bene 1971 - Sacco e Vanzetti 1971 - Giù la testa 1971 - O gato de nove colas 1971 - Il Decameron 1971 - La tarantola dal ventre nero 1972 - Il diavolo nel cervello 1972 - La violenza: Quinto potere 1972 - I racconti di Canterbury 1972 - Chi l'ha vista morire? 1972 - L'attentat 1972 - Il ritorno di Clint il solitario 1972 - Bluebeard 1972 - Mio caro assassino 1972 - Che c'entriamo noi con la rivoluzione? 1973 - Il mio nome è Nessuno 1973 - La proprietà non è più un furto 1973 - Revolver 1973 - Le serpent 1974 - As mil e unha noites 1974 - Le secret 1974 - L'anticristo 1975 - Salò o le 120 giornate di Sodoma 1975 - Leonor 1975 - Peur sur la ville 1975 - Der Richter und sein Henker 1976 - Novecento 1977 - Exorcist II: The Heretic 1978 - Days of Heaven (candidatura ó oscar)

Anos 80 1981 - Le professionnel 1982 - Can branco 1982 - The Thing 1983 - The Scarlet and the Black 1984 - Era unha vez en América 1985 - Red Sonja 1986 - A misión (nomeamento ó Oscar) 1987 - Os intocables de Eliot Ness (candidatura ó oscar) 1987 - Frenético 1989 - Cinema Paradiso 1989 - Corazóns de ferro

Anos 90 1990 - ¡Átame! 1990 - Tre colonne in cronaca 1991 - The Big Man 1991 - Bugsy (candidatura ó oscar) 1991 - Hamlet 1992 - La villa del venerdì 1992 - O clan dos irlandeses 1992 - City of Joy 1993 - In the Line of Fire 1993 - La scorta 1994 - Wolf 1994 - Love Affair 1994 - Acoso 1994 - Una pura formalità 1994 - The Night and the Moment 1995 - Sostiene Pereira 1995 - O home das estrelas 1997 - Lolita 1998 - U Turn 1998 - La leggenda del pianista sull'oceano

Anos 2000 2000 - Vatel 2000 - Mission to Mars 2000 - Malèna (candidatura ó oscar) 2002 - Ripley's Game 2002 - Perlasca: Un eroe italiano 2003 - Musashi 2005 - Sorstalanság

Premios

Foi candidato ós Oscar en 6 ocasións, gañándoo nunha ocasión: Ano Título Resultado 1978 Days of Heaven 1986 A misión 1987 Os intocables de Eliot Ness 1991 Bugsy 2000 Malèna 2015 The Hateful Eight

Na 79ª Cerimonia de entrega dos Premios Oscar recibiu o Oscar Honorífico como recoñecemento a toda a súa carreira. Notas

Véxase tamén

Morricone Categoría:Nados en Roma Categoría:Nados en 1928 Categoría:Finados en 2020 Categoría:Cabaleiros da Lexión de Honra Categoría:Premios Princesa de Asturias das Artes Categoría:Finados en 2020 Categoría:Óscar honorífico