Acontecementos 15 de agosto - Batalla de Roncesvales: Carlomagno é atacado e derrotado polos vascóns, no paso homónimo dos Pireneos occidentais, cando regresaba de atacar a cidade musulmá de Zaragoza, que non puidera expugnar logo de mes e medio de asedio. Como consecuencia da derrota de Roncesvales, os saxóns levántanse contra o dominio franco. Widukind, o seu xefe, regresa desde o seu exilio en Dinamarca. Insurrección en Gallaecia durante o reinado de Silo.
Nacementos 16 de abril — Lois o Piadoso ou Ludovico Pío, futuro rei franco (m. 840) Ermengarde de Hesbaye, esposa de Lois I o Piadoso (m. 818). Xianzong, emperador chinés (806-820) da dinastía Tang (m. 820). Liu Gongquan, calígrafo chinés (m. 865)
Mortes 15 de agosto - Roldán, xefe franco da marca da Bretaña, na batalla de Roncesvalles. Sufyân al-Thawrî, precursor dos místicos sufís.
Outros
Historia ano a ano
Categoría:778