O Premio Espiral Maior de Poesía, créase en 1992 por Edicións Espiral Maior dirixido a autores noveis, menores de 35 anos e sen obra publicada. O premio carece de dotación económica e consiste na publicación da obra pola editorial convocante.

A partir de 1999 o premio ábrese a todos os creadores (teñan ou non obra publicada e independentemente da idade). Dende o ano 2006 concédese tamén a obras en idioma portugués e Ámbito Cultural de El Corte Inglés respáldao con 12.000 euros, que o converten nun dos máis dotados de toda a Península Ibérica.

Gañadores 1992: Rafael Lema, Cemiterio das gaivotas. 1993: Martín Veiga, Das últimas ruínas. 1994: Francisco Souto, Thanatos ou as árvores do incesto. 1995: Cristina Cabada, Sombra acesa. Accésit: Anxos Romeo, A estatua. 1996: Emma Couceiro, Humidosas. 1997: Carlos Penela, As linhages do frio. 1998: Mário Herrero Valeiro, No limiar do silêncio. 1999: Manuel Forcadela, Morte do fadista. 2000: Charo Pita, Desde Arcadia para Govinda. 2001: Estíbaliz Espinosa, Número e. 2002: Xoán Xosé García, In-ventos. 2003: Luísa Villalta, En concreto. 2005: Manuel Darriba, Vostede non sabe con quen está a falar.

2006: Xavier Seoane, Para unha luz ausente. Accésit: Jorge Reis-Sá, Livro de estimação. 2007: Yolanda Castaño, Profundidade de campo. 2008: Amadeu Baptista, Açougue. 2009: Rosa Alice Branco, O gado do Senhor. Notas

Espiral