O Premio de poesía Concello de Carral foi instituído polo concello de Carral en 1997, para orixinais escritos en lingua galega.

Historia e características miniatura|Exposición sobre o certame na praza do concello. Os obxectivos do premio son a descuberta ou consolidación de poetas de Galicia e o fomento da lectura de poesía Desde os seus inicios o certame contou coa colaboración de Espiral Maior Edicións, dirixida por Miguel Anxo Fernán-Vello, que se encargou da edición das obras gañadoras incluíndoas na súa colección de poesía.

O premio naceu xunto coa primeira biblioteca municipal de Carral, por iniciativa do concelleiro de Cultura Lois Anxo Ferreiro Bestilleiro. Desde a primeira edición a dirección do concurso corre a cargo do técnico municipal de Cultura Carlos Lorenzo Pérez.

A dotación económica, que aumentou cos anos, quedou fixada desde 2022 en 3.500 euros. Tamén foi aumentando o número de versos requiridos nas obras presentadas, sendo nas últimas edicións de 500 versos.

Nas primeiras 20 edicións do premio presentáronse en total case 800 libros ao concurso..

Gañadores 1997: Fernando Díaz-Castroverde, Camiño de píntegas. 1998: Rafael Lema, Atlántica. 1999: Rafa Villar, Días de Sherezade. 2000: Lucía Novas, Epiderme de estío. 2001: Baldo Ramos, A árbore da cegueira. 2002: Eduardo Estévez, Derrotas. 2004: Xurxo Alonso, Breviario de Aldemunde.Non se convocou o premio en 2003. 2005: Marcos S. Calveiro, Cartas do terceiro día. 2006: Isidro Novo, Esteiro de noites falecidas. 2007: Xosé Luís Mosquera Camba, Nadja c’est moi. 2008: Paulino Peña Álvarez, Gramática da afirmación. 2009: Eli Ríos, Nós escoitando o badalo de marienplatz. 2010: Miro Villar, As crebas. 2011: Emma Pedreira, Libro das mentiras. 2012: Roi Vidal, Teatro. 2013: Dores Tembrás, Cronoloxía da urxencia. 2014: Oriana Méndez, O que precede a caída é branco. 2015: Eva Veiga, Soño e vértice. 2016: Modesto Fraga, Devalar sen pel. 2017: Xosé Luís Mosquera Camba, Das árbores tropicais e do amor. 2018: Xabier Cid, As bicis. 2019: Xurxo Alonso, En luz escrita. 2020: Manuel López Rodriguez, Nas pulsacións. 2021ː Álex Mene, Os puntos de impacto. 2022: Carlos Penela, Trono e caléndula. 2023: Ciro Fernández Briones, Oídos de espeleóloga. 2024: Silvia Penas, A pel do exilio. 2025: Branca Trigo, Especies invasoras. 2026: Sara Plaza e Baldo Ramos, Porcelana e chumbo.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Vídeo documental 20 anos do Premio de Poesía Concello de Carral Vídeo documental 25 anos do Premio de Poesía Concello de Carral Avaliación do Premio de Poesía Concello de Carral 1997-2019 Vídeo do acto do 25º Premio de Poesía Concello de Carral

Concello de Carral Categoría:Carral