Sherlock Holmes é un personaxe ficticio creado en 1887 por Sir Arthur Conan Doyle. É un "detective asesor", prototipo do investigador lóxico e sagaz, famoso por utilizar a lóxica e a astucia para resolver os casos máis complicados, empregando o razoamento dedutivo e a inferencia.

Holmes é o protagonista dunha serie de catro novelas e cincuenta e seis relatos de ficción, reunidos no que se chama Canon of Sherlock Holmes, publicados na súa maioría en The Strand Magazine, sendo a súa primeira aparición na novela Un estudo en escarlata. Os cincuenta e seis relatos dos cales foi protagonista son narrados polo seu alter ego, o Doutor John H. Watson, coa excepción de dous relatos narrados polo propio Holmes ("O ritual Musgrave" e "A aventura do Gloria Scott") e outros dous en terceira persoa.

As súas aventuras ambientadas a finais do século XIX e comezos do XX, influíron de xeito moi grande na ficción detectivesca que seguiu á súa aparición. Aínda que podemos considerar a Auguste Dupin, creado por Edgar Allan Poe, como o seu predecesor, a xenialidade excéntrica deste non acadou a enorme popularidade que Holmes e o seu autor acadaron en vida deste (The Strand Magazine publicaba as aventuras de Holmes a prezos moi populares, e moitos "lectores comunais" de diversas industrias lían as obras de Doyle en voz alta como unha sorte de "radio" Vitoriana, práctica xa habitual coa obra de Charles Dickens).

O propio autor, Conan Doyle, dixo que o personaxe de Holmes fora inspirado polo Dr. Joseph Bell,Lycett, Andrew (2007). The Man Who Created Sherlock Holmes: The Life and Times of Sir Arthur Conan Doyle. Free Press. pp. 53–54, 190. ISBN 978-0-7432-7523-1. para o cal Doyle traballara como empregado no Royal Infirmary de Edimburgo, e que, ao igual que Holmes, posuía unha gran capacidade para tirar conclusións dende a máis pequena observación.

Traxectoria Xuventude Os poucos detalles explícitos que se coñecen sobre os primeiros anos da vida de Sherlock Holmes,Klinger, Leslie (2005). The New Annotated Sherlock Holmes. New York: W.W. Norton. p. xlii. ISBN 0-393-05916-2. recompilados ao longo dos relatos do Doutor Watson, son distantes entre si, co que é difícil construír unha imaxe biográfica do detective nesta época da súa vida. Primeiramente, en base aos datos, estímase a idade de Holmes na historia "O seu último adeus", que sitúa o seu ano de nacemento ao redor de 1854, sendo a data comunmente citada o 6 de xaneiro.

Con respecto aos seus comezos, o propio Holmes conta que desenvolveu por vez primeira os seus métodos de dedución cando aínda non rematara os seus estudos universitarios. A autora Dorothy L. Sayers suxire que, tendo en conta algúns dos detalles en dúas das aventuras, Holmes debeu ser un estudante na vila de Cambridge, no canto de en Oxford e que "de tódalas universidades de Cambridge, a Sidney Sussex ofrece quizais o maior número de vantaxes a un home da posición de Holmes e, a falta dunha información máis exacta, podemos situalo alí".Dorothy L. Sayers, "Holmes’ College Career," for the Baker Street Studies, edited by H.W. Bell, 1934. Así pois os seus primeiros casos, nos que exerceu coma afeccionado, proviñan dos seus compañeiros de estudos.Véxase o relato "O ritual Musgrave" Segundo Holmes, foi o encontro co pai dun dos seus compañeiros de clase o que o levou a asumir a observación e dedución coma unha profesiónVéxase o relato "A aventura do Gloria Scott" pasando os seis anos seguintes á universidade a traballar como detective consultor, aínda que pasando grandes dificultades financeiras, o que o levou a buscar un compañeiro de piso, que finalmente sería o Doutor Watson, punto no que comeza a narración das historias.

Así pois, dende 1881, Holmes trasládase a vivir preto do Museo Británico para poder estudar as ciencias necesarias para o desenvolvemento das súas habilidades, concretamente nun apartamento situado no 221B Baker Street, en Londres, dende onde dirixe a súa axencia de detectives privados. Até a chegada de Watson, Holmes traballa só, empregando ás veces axentes das clases baixas da cidade, incluíndo unha serie de informantes e un grupo de cativos da rúa que el chama The Baker Street Irregulars (os irregulares de Baker Street), os cales aparecen en tres historias: O signo dos catro, Un estudo en escarlata e "A aventura do home corcovado".

Ao respecto da súa familia pouco se di. Os seus pais son mencionados nalgunhas historias, aínda que nelas só se afirma que os seus devanceiros eran "escudeiros". En "O intérprete grego", afirma Holmes que o seu tío-avó foi Horace Vernet, o famoso artista francés. O que si se sabe é que ten un irmán máis vello, Mycroft, un funcionario do goberno cunha posición única da administración pública, xa que é unha especie de "base de datos andante" para tódolos aspectos da política gobernamental. Mycroft é descrito como aínda máis dotado que Sherlock en materia de observación e dedución, mais en troques carece da tenacidade e da enerxía do seu irmán, preferindo pasar o seu tempo a gusto no "Diogenes Club", "un club para os máis insociables de Londres".

Non está claro se Holmes teña outros irmáns. En "A aventura da quinta de Copper Beeches" di Holmes:

O cal leva a algúns a supor a existencia da mesma. Mais isto só é mencionado para advertir a unha muller sobre un caso, polo que esta referencia a unha irmá pode ser unha simple figura retórica.

A vida co Doutor Watson miniatura|dereita|220px|Sherlock Holmes e o Dr. J. H. Watson Holmes comparte boa parte da súa vida profesional co seu bo amigo e cronista Watson, co cal vive por algún tempo antes do matrimonio do médico en 1887, e de novo logo da morte da súa esposa, sempre xunto coa súa patroa, a señora Hudson.

Watson ten dúas funcións na vida de Holmes. En primeiro lugar, é o asistente do seu amigo na resolución dos casos, sendo o home de confianza do detective, xa sexa como vixilante, reclamo, cómplice ou mensaxeiro e, en segundo lugar, é o seu cronista. Así pois a maioría das historias son narracións escritas dende o punto de vista de Watson, sendo unha especie de resumos dos casos máis interesantes que lles sucederon ao longo de tódolos seus anos xuntos. Segundo se pode ler nas propias historias, Holmes adoita criticar os escritos de Watson, dicindo que é moi populista, xa que non relata as historias de forma precisa e obxectiva senón que as adorna con detalles ás veces innecesarios.

Porén, a amizade de Holmes con Watson é, sen dúbida, a súa relación máis importante. Nalgunhas historias, o aprecio de Holmes por Watson, a miúdo oculto baixo o seu frío carácter, ponse de manifesto, por exemplo en "A aventura dos tres Garridebs", Watson é ferido nun enfrontamento cun vilán, e cóntanos:

En total, a carreira profesional de Holmes abrangue vinte e tres anos, dos cales Watson documentou dezasete.Véxase o relato "A inquilina do veo"

Retiro Holmes retírase definitivamente a unha granxa nas terras do Sussex entre os anos 1903 e 1904, onde se dedica a unhas das súas grandes afeccións, a apicultura, mesmo escribindo co tempo un manual co título Manual de apicultura, con algunhas observacións sobre a separación da Raíña.Véxase o relato "O seu último adeus Porén aínda volve a investigar un caso como afeccionado estando xa xubilado.Véxase o relato"A cabeleira do león"

Descrición miniatura|200px|Estatua de Sherlock Holmes en Meiringen, Suíza Sherlock Holmes, que nun principio Doyle tiña previsto chamar Sherrinford,Nun principio, Doyle considerou chamar Sherrinford Holmes ao seu detective, pero William S. Baring-Gould, eminente biógrafo do personaxe, tentaría facer crer máis tarde que tal era o nome do irmán primoxénito de Sherlock. En realidade foi algo que se inventou para evitar que nin Mycroft nin Sherlock tivesen que herdar o coidado da facenda do seu pai. é un detective privado alto (mide 6 pés, ao redor de 1,83 metros), delgado, frío, irónico, enxeñoso e intelectualmente inquieto. Watson descríbelle fisicamente do seguinte modo ao pouco de coñecerse:

En ocasións resulta un tanto brusco, pero é cortés coas mulleres a pesar de que desconfía delas. O seu compañeiro, amigo e cronista Watson resalta nun dos seus casos a presenza dunha bela dama chamada Irene Adler, que chantaxea ao príncipe de Bohemia (nas obras de Sherlock Holmes vese unha xeopolítica paralela, noméanse reis, como o de Escandinavia ou outros...), a cal é considerada sempre por Sherlock como "A muller". Aos seus ollos, ela rivaliza con el mesmo en intelixencia, como demostra nunha das súas aventuras.

Non é moi ordenado na rutina cotiá, é moi habilidoso disfrazándose, fuma en pipa, gústanlle as galletas, toca o violín (un Stradivarius, e a miúdo a horas pouco adecuadas) con mestría, é un experto apicultor, excelente boxeador, ten un gran coñecemento científico, en especial en química, e, cando se aburre por falta dos retos intelectuais que supoñen os seus casos, consome cocaína nunha solución ao 7% (isto só se menciona no libro O signo dos catro, publicada en 1890), a cal deixa grazas á insistencia de Watson.

Hábitos e personalidade miniatura|esquerda|Retrato de Sherlock Holmes por Sidney Paget (1981) Holmes descríbese a si mesmo como "bohemio" nos hábitos e estilo de vida. Segundo Watson, Holmes é un excéntrico, sen ter en conta as normas contemporáneas da pulcritude e a orde pública. Nunha historia temperá, Watson describe a Holmes como:

Porén, o que semella a outros un caos para Holmes é unha riqueza de información útil. Ao longo das historias, Holmes mergullábase na súa aparente desorde dos documentos e artefactos ao azar, só para recuperar precisamente o documento específico ou elemento que estaba a procurar.

En materia de hixiene persoal, pola contra, Holmes é descrito en O can dos Baskerville como un home cun amor case felino pola hixiene persoal, o cal non lle resulta incompatible de ningún xeito na práctica da súa profesión, aínda que na primeira historia de Holmes, Un estudo en escarlata, ten as mans descoloradas con manchas de ácido, mentres que máis tarde utiliza pingas do seu propio sangue para levar a cabo químicos experimentos.

miniatura|Monumento a Sherlock Holmes en Londres Watson fai, con frecuencia nota dos hábitos irregulares de Holmes para comer. O detective é a miúdo descrito como un "morto de fame" en momentos de intensa actividade intelectual, como en "A aventura do construtor Norwood", onde, segundo Watson:

O cronista non ten en conta o uso habitual de Holmes dunha pipa, ou o seu uso menos frecuente de cigarros, coma un vicio. Nin tampouco condena a vontade de Holmes de trocar ás veces a verdade ou violar unha lei en nome dun cliente (por exemplo, mentir á policía, ocultar probas ou romper nunha casa), xa que o sente moralmente xustificable.Véxanse os relatos "O caso de Charles Augustus Milverton" e "O cliente ilustre"

Holmes é ás veces presentado tamén coma un patriota, actuando en nome do goberno en materia de seguridade nacional nunha serie de historias.Véxanse os relatos "Os planos de Bruce-Partington" e "The Adventure of the Naval Treaty" Tamén leva a cabo labores de contra-intelixencia en "O seu último adeus", a comezos da primeira guerra mundial. Ademais como práctica de tiro, o detective adornou abalazos a parede da súa vivenda de Baker Street coas letras "VR" (Vitoria Regina).

Holmes ten un ego que ás veces chega á arrogancia, aínda que con xustificación, obtendo moitas veces pracer desconcertando aos inspectores de policía coas súas deducións superiores. Porén nunca busca fama, e xeralmente permite que a policía leve todo o crédito público do seu traballo. Normalmente, só cando Watson publica os seus relatos, o papel de Holmes no caso é posto de manifesto.En "A aventura do tratado naval", Holmes remarca que, dos seus últimos cincuenta e tres casos a policía levou os méritos en corenta e nove.