Ktulu é un grupo musical catalán procedente de Barcelona. Formouse en 1986 e toca thrash metal e metal industrial.
Traxectoria Comezaron a tocar a finais de 1986 en L'Hospitalet de Llobregat (Barcelona) como grupo de thrash metal, con influencias como Pantera ou Fear Factory. En 1991 publicaron en vinilo o seu primeiro disco, Involución.
No seu seguinte traballo, Orden Genético (1994) cambiaron cara a un metal un pouco máis vangardista, pero sen desprenderse das súas raíces. Nel encóntrase o tema "Apocalipsis 25 D", incluído na banda sonora da película El día de la Bestia de Álex de la Iglesia. Este tema supuxo un encontro da banda cun novo estilo máis industrial engadindo samplers e sons pregravados. esquerda|350px|miniatura|Ktulu en concerto. En 1997 publicaron Confrontación, entrando de cheo no terreo do metal industrial, e ó ano seguinte saíu ó mercado El Latido del Miedo, composto por 8 remesturas de temas do Confrontación, usando sons propios do techno.
En 1998 houbo unha división na banda. Pablo (baixo) e Mons (guitarra) formaron con outros tres músicos o grupo Freak XXI. En Ktulu seguiron Willy (voz), Jorge (guitarra) e Miguel (batería), incorporándose Pedro (guitarra), Lara (baixo) e Raúl (teclados e samplers).
Coa nova formación experimentaron cara novos horizontes. En 1999 publicaron o álbum Ktulu, gravado nos estudios Lorentzo Records de Berriz (Biscaia), e producido por Carlos Córdoba e Aitor Ariño (Platero y tú, Extremoduro...). Este disco combina o metal das súas raíces coas novas tecnoloxías, melodías máis marcadas e diferentes rexistros de voz.
En decembro de 2000 publicaron un maxisinxelo con remesturas súas e versións de grupos como Portishead, Jimi Hendrix ou Iron Butterfly chamado 2078". Xusto despois abandonou a banda Raúl para pasar a formar parte do grupo de espectáculos La Fura dels Baus.
En 2002 colaboraron co tema "Satánico Plan" no disco tributo a Barón Rojo chamado Larga Vida Al... Volumen Brutal.
Discografía dereita|350px|miniatura|Ktulu. Involución - 1991 Orden Genético - 1994 Confrontación-, 1997 El Latido del Miedo - 1998 Ktulu - 1999 2078" - 2000 Show Canibal - 2008 Visión en la casa del Canibal - 2011 Makinal - 2012
Véxase tamén Ligazóns externas www.ktulu.es www.myspace.com/ktuluspace
Categoría:Grupos musicais de Cataluña Categoría:Grupos musicais de metal industrial Categoría:Grupos musicais de thrash metal Categoría:Grupos musicais formados en 1986