El día de la bestia (1995) é unha película dirixida polo bilbaíno Álex de la Iglesia, que o consagrou como un dos realizadores de máis éxito do cine español ó conseguir entre outros o Premio Goya á mellor dirección. Un dos logros da película foi conquistar tanto á crítica como ó público, utilizando o xénero da chamada "comedia satánica". Unha comedia delirante á vez que unha visión apocalíptica da fin de milenio.
Sinopse
Un sacerdote español (Álex Angulo) cre que encontrou a mensaxe secreta da Apocalipse segundo San Xoán. Esta mensaxe consiste en que o Anticristo nacerá o 25 de decembro de 1995 en Madrid. Convencido de que debe impedir este nacemento satánico, o cura únese a un mozo afeccionado ó death metal, José María (Santiago Segura), para intentar por tódolos medios encontrar o lugar de Madrid onde terá lugar o evento. miniatura|esquerda|250px|As Torres Kio, un dos escenarios onde se leva a cabo a historia
Premios Premio Goya ó mellor actor revelación 1995. Premio Goya á mellor dirección 1995. Gran premio do xurado no Fantastic'Arts de 1996.
Nomeamentos Premio Goya ó mellor guión orixinal 1995. Premio Goya á mellor interpretación masculina protagonista 1995. Premio Goya á mellor película 1995.
Banda sonora Def Con Dos creou o tema principal da película. Na banda sonora tamén aparecen Ministry, Headcrash, Extremoduro, Ktulu, Negu Gorriak, Eskorbuto, The Pleasure Fuckers, Pantera, Sugar Ray, Parálisis permanente, Siniestro Total e Silmaris.
Categoría:Filmes de 1995 Categoría:Filmes en lingua castelá Categoría:Filmes de España Categoría:Filmes dirixidos por Álex de la Iglesia Categoría:Filmes rodados en Madrid Categoría:Filmes ambientados en Madrid