La Nación é un xornal matutino da Arxentina, editado na cidade de Buenos Aires. Foi fundado polo expresidente Bartolomeu Mitre e o seu primeiro exemplar publicouse o 4 de xaneiro de 1870. De formato "saba", é o segundo diario en cantidade de circulación no país.

Historia Ao seu primeiro director e fundador sucedérono os seus fillos, Bartolomeu Mitre y Vedia e Emilio Mitre. Este último creou S.A. La Nación en 1909, a cal segue sendo a sociedade propietaria do diario. Entre 1909 e 1912 os co-directores foron os netos do fundador, Luís e Jorge. Logo o primeiro presidiría o directorio, e o segundo sería director xornalístico. En 1932 Luís Mitre asume ambas as funcións, que mantén ata a súa morte en 1950. Desde entón ata a súa morte en 1982 o diario sería conducido por Bartolomeu Mitre, bisneto do fundador, e desde 1982 ata o presente (2007) por Bartolomeu Mitre, tataraneto do fundador.

É visto polo xeral como un dos diarios arxentinos máis prestixiosos e con maior traxectoria, que soubo ter unha continuidade no seu estilo e orientación ao longo do tempo. Actualmente é o segundo diario en cantidade de circulación na Arxentina, detrás de Clarín.

O seu lema é: "La Nación será una tribuna de doctrina" (A Nación será unha tribuna de doutrina).

Orientación política De tendencia tradicionalmente conservadora, adoita ser a vía de expresión de sectores afíns á Igrexa Católica, ás Forzas Armadas e aos grandes produtores agropecuarios da Arxentina. Con todo, polas súas columnas e notas de opinión pasaron personalidades das máis variadas cores políticas.

La Nación en Internet En 1995 La Nación lanzou o seu sitio web, chamado inicialmente La Nación Line. Actualmente é o segundo sitio de noticias máis visitado da Arxentina, detrás da versión dixital de Clarín.

Seccións O xornal ten 5 seccións fixas diarias: Sección primeira: Política, información general, exterior, ciencia, opinión etc. Sección segunda: Economía. Sección terceira: Deportes. Sección cuarta: Espectáculos. Sección quinta: Clasificados.

e 16 suplementos semanais: Revista. Tecnoloxía. Ao volante. Moda e Beleza. Turismo. Campo. Enfoques. Cultura. Arquitectura. Empregos. Comercio Exterior. Countries. Propiedades. Inmobles Comerciais. Arte. Saúde. Comunidade (Mensual). Na súa última páxina publícanse as tiras cómicas. Entre elas, as de Maitena e Liniers.

Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web de La Nación

Categoría:Xornais de Buenos Aires Categoría:Xornais en lingua castelá Categoría:Historia da Arxentina