Esenia foi unha banda viguesa de gothic metal, nacida no verán de 2004. Formada por membros doutras bandas da cidade, xuntáronse coa pretensión de facer un grupo serio.
Traxectoria Comezan facendo versións de grupos como Him, Entwine ou The 69 eyes, e axiña comezan a dar concertos con temas propios. En xaneiro de 2005 participan no primeiro festival Planeta Musical, para o que editan editan Creo, un sinxelo con 3 temas, un propio ("Creo") e dúas versións de Him. En outubro de 2005 sae ó mercado Amnio, un EP autoproducido que recibe moi boas críticas en medios especializados. Coa distribución deste EP comezan a ser coñecidos, o que lles permite saír a tocar a lugares como Oporto ou Madrid.
En marzo de 2006 hai cambios na formación. É expulsado Javier, membro orixinal da banda, sendo substituído por Andrés, membro tamén da banda de rock'n'roll High Sierras. Tamén no 2006 Cristina deixa a banda por motivos persoais, pasando a formación a ser un sexteto.
Ese ano editan o sinxelo Fragmentos, adianto do seu primeiro CD, que ten previsto ser editado no 2007.
No 2007 aparecen no recompilatorio Gallaecian metal compilation, editado por Falcatruada. O seu tema "Creo" aparece no segundo cd (Fusco).Ese mesmo ano participan na Rede Galega de Música ao Vivo, dando concertos nas catro provincias.
En maio de 2011 anunciaron a disolución da banda no seu perfil de FacebookPerfil do Facebook de Esenia.
Membros Marcos Díaz (batería) José López de Guereñu (teclado) Manuel Seoane (baixo) Diego Cossío (voz) Andrés Cunha (guitarra) Adrián P. Fojo (guitarra)
Discografía
Creo (sinxelo, 2004, autoproducido) Amnio (EP, 2005, autoproducido) El templo de las mareas (álbum, 2007, autoproducido) Noviembre (EP,2009, Silent Tree producciones) Frío fractal (álbúm acústico, 2010, autoproducido)
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas www.esenia.org
Categoría:Grupos musicais de Vigo Categoría:Grupos musicais formados en 2004 Categoría:Grupos musicais separados en 2011