A economía de Dinamarca é dependente dos intercambios comerciais cos outros países e da capacidade de influencia nas conxunturas internacionais e nos factores económicos. O valor das exportacións e importacións representa cerca dun terzo do valor do PIB. Gran parte dos intercambios comerciais son feitos con países da UE (Unión Europea). O socio de comercio bilateral máis importante é Alemaña, tendo unha boa interacción económica con Suecia e Gran Bretaña. Fóra da UE, Dinamarca mantén relacións comerciais con Noruega, os Estados Unidos e o Xapón.
Historia e características Dende a segunda guerra mundial, as exportacións dinamarquesas expandíronse. A venda de produtos industriais superou a exportación agraria, ocupando un lugar cada vez máis importante dentro da pauta de exportacións de Dinamarca. No final dos anos 90, a exportación industrial constituíu aproximadamente o 80% do valor total das vendas ao exterior, mentres as vendas de produtos agrarios representou o 11%. As áreas de ferramentas e maquinaria forman o 26% do tamaño das exportacións industriais, os produtos químicos representa o 12% e os produtos da industria agroalimenticia, incluído carne de conserva, chega ao 4%. O forte crecemento económico de Dinamarca entre os anos 60 e 80 non se viu reflectido nun bo desempeño nos anos 90, o que influenciou nunha lixeira queda na exportación na área de servizos.
No capítulo de importacións, os principais produtos comprados son materias primas e produtos semifabricados, incluíndo a enerxía. A compra de maquinaria e equipamentos de produción para industria e comercio representa o 67% do valor total de importacións. Nos anos 80, a importación de enerxía caeu significativamente, debido ao aumento da produción interna de petróleo. Os outros 33% de importacións son de produtos de consumo, especificamente automóbiles.
Crecemento e crise En 1 de xaneiro de 1999 a Dinamarca rexeitou a adopción da moeda única europea, o Euro. Nos tres últimos anos (2004-2006) a economía do país mostrouse moi forte: o superávit acumulado das contas públicas foi de 98,5 mil millóns de coroas en 2006, ou 6% do PIB. O crecemento económico do país comezou unha redución o 2007 co fin do boom da construción civil. A crise económica exacerbou este ciclo co aumento do custo dos empréstimos, e redución das exportación, da confianza dos consumidores e do investimento. A crise económica global reduciu en 0,9% o PIB danés o 2008 e 4,3% o 2009.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Real Casa da Moeda de Dinamarca