240px|miniatura|dereita|Estatua de Buda en Bāmīān antes e despois da súa destrución polos talibáns o 21 de marzo de 2001. A historia de Afganistán, (en , Tārīkh e Afġānistān}} en Da Afġānistān Tārīkh) pode remontarse ó ano 500 a.C. cando a área estaba baixo o contol do Imperio aqueménida, malia que hai probas de culturas urbanas que existiron entre os anos 3000 e 2000 a.C. A civilización do val do Indo ergueuse en partes do norte de Afganistán, da cal se coñecen varios sitios arqueolóxicos.The Ancient Indus: Urbanism, Economy, and Society. pp.1 Alexandre o Grande e o seu exército macedonio chegou ó que hoxe se coñece como Afganistán no -330 despois da conquista de Persia durante a batalla de Gaugamela. Dende entón, moitos imperios estabeleceron as súas capitais dentro de Afganistán, incluíndo o Reino grecobactriano, o Imperio Maurya, o Imperio Cuxano, Kabul Shahi, a Dinastía saffarí, a Dinastía samánida, o Imperio gaznávida, a Dinastía gúrida, a Dinastía timúrida, o Imperio Mogol, a Dinastía hotaki e o Imperio durrani.
Período preislámico miniatura|O Afganistán antigo estivo moitas veces rexido por varias dinastías persas, coma a do imperio aqueménida (559–330 a.C.)
miniatura|Alexandre o Grande loitando contra o rei persa Darío III (Mosaico de Pompeia do século IV a.C., peza grega orixinal, hoxe perdida). A área que ocupa hoxe Afganistán parece ter estado estreitamente relacionada, tanto pola súa cultura como polo comercio, coas rexións veciñas ao leste, oeste e norte, tanto na prehistoria como nos tempos antigos e modernos. Hai que ter en conta que está situada estratexicamente na principal ruta terrestre á India e serviu durante 2000 anos de paso aos invasores.
A civilización urbana na meseta iraniana, que inclúe a maior parte de Irán, Afganistán e de Paquistán, puido comezar entre o 3000 e 2000 a.C. (véxase tamén Complexo Arqueolóxico de Bactria-Margiana e Civilización do val do Indo). Os achados arqueolóxicos tamén indican os principios posibles da Idade de Bronce que se estendería por tódalas partes do mundo antigo de Afganistán e de Paquistán. Tamén se cre que a rexión tivo dende tempos temperáns contactos comerciais con Mesopotamia.
A comezos do século V a.C. o territorio do actual Afganistán abranguía diversas satrapías do imperio aqueménida, despois da súa incorporación por Ciro I. No 330 a.C. Alexandre o Grande entrou no territorio afgán para capturar Bactria (actual Balkh), e levoulle ata o 327 a.C. conquistar o que hoxe é Afganistán. Á morte de Alexandre (323 a.C.), os seléucidas fixéronse coa maior parte do actual Afganistán, que controlaron ata que a mediados do III a.C. se formou un reino grego independente en Bactria que durou ata o 170 a.C. no que desapareceu diante dos ataques das tribos procedentes do norte, especialmente partos e sacas. No sur, o Imperio de Mauria tiña o control do que hoxe é o sur de Afganistán e nese territorio introduciu o budismo.
A mediados do século II a.C. os Cuxanos, estableceron un imperio en Afganistán durante case catro séculos. O Imperio Cuxano espallouse dende o val do río Cabul cara ao río Indo, o deserto do Gobi e a Chaira iraniana. No século II d.C. con Canixca (Kanishka), o máis poderoso dos gobernantes cuxanos, o imperio conseguiu a súa máxima extensión: dende a foz do río Indo no mar Arábigo ata Caxemira e norte do Tíbet, nese tempo foi cando o budismo Mahaiana chegou ao seu cumio en Asia Central.
No século III Cuxán fragmentouse en reinos semi-independentes, conquistados polo Imperio Sasánida no oeste e polo Imperio dos Guptas fundado no século IV. Unha nova vaga de invasións indoeuropeas chegou dende o norte no século IV, os Heptalitas, ou Hunos brancos, arrasaron o que quedaba dos reinos Cuxanos e Sasánidas. A mediados do século VI os Gokturks, pobo nómade de Asia Central, desfixo o poder heptalita ao norte do río Amú, mentres ao sur do río Amú rexurdía o poder sasánida.
Conquista Islámica No 637 os árabes vencen aos sasánidas nas batallas de Qadisiya e Nahawand, e no seu avance cara ao leste capturan Herat no 651. Entre o século VII e o IX a maioría dos habitantes convertéronse ao islam sunnita, e mentres os abbásidas gobernan dende Bagdad o actual Afganistán. Nos séculos VIII e IX pobos de lingua turca aséntanse no Hindu Kush e comezan a asimilar a lingua e cultura pasthún, xa presentes alí. A mediados do IX, o goberno Abásida deixa paso a pequenos reinos semi-independentes; no Hindu Kush tres dinastías locais ascenden ao poder, a máis coñecida a Samínida (dinastía chíi) que abranguía dende Bukhara ata o sur da India e o oeste de Irán ata que a mediados do século X cae baixo os ataques de tribos turcófonas do norte e dos Ghaznavides polo sur.
O Imperio Ghaznavide controla os pequenos reinos no 998, Mahmud de Ghazni consolidou as conquistas dos seus predecesores e converteu Ghazni nun gran centro cultural e base das súas frecuentes expedicións á India, pero coa súa morte no 1030 o imperio comeza a decaer ata a súa desfeita definitiva en 1149 cando o reino de Ghor captura e queima Ghazni.
Os Ghors controlaron a maioría do que hoxe é Afganistán, leste de Irán e Paquistán, ata que entre o 1200 e 1205 a maioría do territorio Ghor foi conquistado polo xa do imperio Khwarezmid. En 1219 o imperio caeu en poder de Xenxis Khan, o que implicou a destrución de moitas cidades como Herat, Ghazni e Balkh e o espolio das zonas máis fértiles. A morte de Xenxis Khan en 1227 supuxo unha época de guerras constantes, nas que pequenos xefes e príncipes loitaron pola supremacía ata 1398 no que un dos seus sucesores, Tamerlán, incorporou o que é hoxe Afganistán ao seu imperio. O seu fillo Sha Ralj trasladou en 1405 a capital dende Samarcanda ata Herat, converténdoa nunha das cidades máis cultas e refinadas da época.
Babur, descendente de Xenxis Khan e de Tamerlán, ao que os Shaybani uzbekos botaran do poder no val de Fergana (Uzbekistán) cruza o Amu Daria en 1504 e captura Cabul ao derradeiro dos gobernantes mongois. Dende ela, en 1526 principia a conquista da India, onde fundou o Imperio Mogol, pero a área do que hoxe é Afganistán acabou sendo relegada polos seus sucesores a zona de confrontación entre os Moghuls e os Safávidas de Irán, debido á importancia estratéxica do eixo Cabul-Kandahar, mentres os uzbekos loitaban polo control de Herat e rexións do norte.
A mediados do XVII os mongois abandonaron o norte de Cabul aos uzbekos, e o persa Nadir Shah conquistou Kandahar e Cabul en 1738.
Imperio Durrani En 1747, tras a morte de Nadir Shah, unha Loya Jirga (xuntanza de xefes tribais abdalí pastúns) elixiu como rei a Shah Ahmed, a pesar de ser máis novo que outros pretendentes, Ahmad tiña moitos factores no seu favor, era descendente directo de Sado (epónimo dos Sadozai), era un líder carismático e un guerreiro terrible que tiña ao seu dispor unha ben adestrada forza móbil de varios milleiros de cabaleiros e posuía o tesouro de Nadir Shah. Unha das primeiras actuacións de Ahmed como xefe vai ser adoptar o título de Durr-i-Durrani (perla das perlas), ademais foi o primeiro gobernante pastún de Afganistán. Ahmed Shah comezou capturando Ghazni aos pashtun ghilzai e botando de Cabul ao goberno local. En 1749 o Imperio Mogol cédelle a soberanía sobre Sindhi e todo o norte da India ao oeste do río Indo para salvar a capital india do ataque afgán. Ahmed shah dirixiuse entón cara ao oeste, a Herat, gobernada por un neto de Nadir Shah. Logo dun ano de sitio caeu, polo que Ahmad puido enviar o seu exército para ocupar o norte do Hindu Kush, poñendo baixo o seu control aos turcomenos, uzbekos, taxicos e hazaras. Invadiu a India, logrou o control do Panxab, Caxemira e a cidade de Lahore.
En 1757 saqueou Delhi, pero permitiu á dinastía mogol manteren o control nominal coa condición de que recoñecese a súa soberanía sobre o Panxab, Sindhi e Caxemira. Deixou en Delhi ao seu segundo fillo Timur Shah e regresou a Afganistán. O colapso dos Mughal, facilitou o xurdimento de novos poderes, así os maratis, dende a súa capital en Pune puxeron en perigo as novas conquistas de Ahmed, este fíxolles fronte con éxito, declarándolles a xihad (guerra santa islámica), á que se xuntaron pastúns doutras tribos e baluchis. En 1759 Ahmed entrou triunfante en Lahore e en 1761 enfrontouse con eles na batalla de Panipat e que supuxo a desfeita dos maratis.
O imperio Durrani era un dos máis grandes imperios islámicos da época, quizais o segundo despois do Imperio Otomán pero xa antes da súa morte comezou a dar síntomas de febleza. Os Sikhs a fins de 1761 conseguiron controlar a maioría do Panxab, en 1762 Ahmed atacou Lahore, despois de tomar a cidade santa sikh de Amritsar, masacrando a milleiros de sikhs, destruíndo os seus templos, pero Ahmed non puido impedir que os sikhs se fixesen co control de todo o Panxab.
No 1772 sucédelle o seu fillo Timur Shah, traslada a capital de Kandahar a Cabul, para facilitar o control do territorio do norte do Hindu Kush. Con el comezou un período de caos, de loita polo poder entre os diferentes clans pastúns e a perda dos territorios conquistados por Ahmed Shah. No 1780 asinouse un tratado co emir de Bukhara no que se estableceu o Amu Daria como fronteira setentrional de Afganistán. Tras a morte de Timur Shah, en 1793, viviuse un período de anarquía e arredor de 1818 os descendentes de Ahmed Sha só controlaban un radio de 160 km arredor de Cabul. En 1823, tras a caída da dinastía Durrani, Afganistán deixou de existir brevemente, fragmentándose en diversos principados.
Influencia europea miniatura|Emir Xáh Shuja Durrani, sentado no seu Palacio de Cabul en 1839. No 1826 Dost Mohamed conseguiu exercer suficiente control sobre os seus irmáns para proclamarse emir de Cabul e axiña tivo que repelir ataques dos sikhs no leste do río Khyber, e no 1834 parou unha invasión do antigo gobernante, Xáh Shuja. Estas querelas internas permitiron que as forzas sikhs de Ranjit Singh ocuparan Peshawar. No 1836 as forzas de Dost Mohamed, baixo as ordes do seu fillo Mohamed Akbar Khan, derrotaron aos sikhs en Jamrud, pero non tentou reconquistar Peshawar. Na busca de aliados cos sikhs contactou co gobernador británico da India, Lord Auckland, a partir de entón Afganistán vai ser unha peza do xogo de poder en Asia Central entre dúas grandes potencias, Rusia e Gran Bretaña.
No 1838 asínase un acordo entre Auckland, Ranjit Singh e Shuja no que se recoñecía o goberno sikh sobre as antigas provincias afgás conquistadas, Herat debía permanecer independente, e Dost Mohamed debía ser substituído por un gobernante próximo aos intereses británicos, isto supón o comezo da Primeira Guerra Anglo-Afgá (1838-1842). As tropas británicas comandadas por William McNaughton entran polo Panxab, toman Quetta en marzo de 1839 e un mes despois chegan a Kandahar sen loita. En xullo atacan a fortaleza de Ghazni, e vencen ás tropas de Dost Mohamed, o que provoca a marcha ao exilio deste, en agosto de 1839 Shuja foi de novo entronizado en Cabul, aos 30 de perder o poder. Parte das tropas británicas retornan á India, pero en outubro de 1841 prodúcese unha revolta de parte das tribos afgás que apoian ao fillo de Dost Mohamed, Mohamed Akbar Khan. O 1 de xaneiro de 1842 asínase un acordo entre o comandante británico Elphinstone e os rebeldes para a retirada das tropas británicas de Afganistán, pero son atacadas o 6 de xaneiro por guerreiros ghizai cando volvían á India, provocando 3.000 mortos.
Shuja só se mantén no poder ata abril de 1842, no outono de 1842 as tropas británicas de Kandahar e Peshawar entran en Cabul para rescataren aos prisioneiros británicos. En abril de 1843 Dost Mohamed volve a Cabul. A invasión estranxeira deu ás tribos afgás un sentido de unidade temporal.
miniatura|esquerda|Caricatura política onde se ve a Sher Alí Khan cos seus «amigos», Reino Unido e Rusia (1878).