Acontecementos Asia Campaña sasánida en Mesopotamia. Sapor I desfai o exército romano en Barbalissos. Ocupa temporariamente unha parte de Siria, da Cilicia e máis da Capadocia.

Imperio Romano Valeriano sobe ao trono imperial romano de Oriente (até 260). Valeriano nomea ao seu fillo Galieno emperador romano occidental (até 268) Indignado polo tratado claudicante asinado con Gniva, rei dos godos, polo emperador Treboniano Galo, o gobernador romano de Mesia, Emiliano, emprende unha campaña contra Gniva, ao que expulsa alén do río Danubio. As súas tropas proclámano emperador. Cando se encamiña para Roma, á vista da superioridade das tropas de Valeriano, os seus propios soldados quítanlle a vida. Apenas dous meses foi emperador Emiliano. Francos e alamáns invaden a Galia, incendiando Lutecia. Lucio I, sucede na cadeira pontificia a Cornelio.

Nacementos Numeriano, futuro emperador romano. Ge Hong, escritor chinés (m. 333).

Mortes Treboniano Galo, emperador de Roma. Emiliano, emperador romano. Oríxenes, teólogo cristián (n. 185). Cornelio, papa.

Outros

Historia ano a ano

Categoría:253