As Illas de San Pedro son un arquipélago galego da provincia da Coruña, situadas no municipio da Coruña, na parroquia de San Pedro de Visma, ao pé do Monte de San Pedro. Son 5 illotes case chairos moi próximos uns aos outros, separados por unha canle inferior ao quilómetro e a 250 metros da costa. O conxunto das illas suma unha extensión de 15 hectáreas (a maior dela de 4 ha de superficie). Tradicional zona de marisqueo. A súa vexetación é de carácter herbáceo onde se distinguen 14 especies diferentes.
Os illotes tamén teñen nomes de seu: Illa Vendaval ou Cetárea, Illa do Pé, Aguión, As Tres Illas e Os Fernandiños.
En 2009 o arquipélago foi declarado espazo natural de interese local de xeito provisorio durante dous anos,Consellería do Medio Rural "ORDE do 2 de xuño de 2009 pola que se declaran, de xeito provisorio, como espazo natural de interese local as Illas de San Pedro, no concello da Coruña, na provincia da Coruña." DOG Núm. 112 do 10/06/2009 pp. 9.946-9.947 mais non se prorrogou. En 2016 o concello aprobou por unanimidade o procedemento para a súa declaración definitivaO Goberno local someterá ao próximo Pleno o acordo para tramitar a declaración das Illas de San Pedro como Espazo Natural de Interese Local e a declaración provisional foi aprobada pola Xunta o 16 de novembro de 2017. O 7 de abril de 2020 aprobouse a declaración definitiva.ORDE do 7 de abril de 2020 pola que se declaran definitivamente como espazo natural de interese local as Illas de San Pedro, no concello da Coruña
Toponimia Segundo Nicandro Ares San Pedro deriva do antropónimo latino relacionado con (pedra). É un nome de santo, haxiotopónimo.
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Illas de San Pedro
Categoría:Illas da provincia da Coruña Categoría:A Coruña Categoría:Topónimos galegos con etimoloxía