Lagos (en ioruba: Èkó) é a cidade máis poboada de Nixeria e de África, cunha poboación estimada de 21 millóns de persoas en 2015. A poboación estimada da cidade de Lagos foi de máis de 24 millóns en 2022; e ao redor de 30 millóns para a área metropolitana de Lagos, incluída a área suburbana que se interna no veciño estado de Ogun, facendo de Lagos a área urbana máis poboada de África. Lagos foi a capital nacional de Nixeria ata decembro de 1991, despois da decisión do goberno de Nixeria de trasladar a súa capital a Abuja, no centro do país. Lagos é un importante centro financeiro africano e é o centro económico do estado de Lagos e de Nixeria en xeral. A cidade foi descrita como a capital cultural, financeira e do entretemento de África, e ten unha influencia significativa no comercio, tecnoloxía, educación, política, turismo, arte e moda. Lagos tamén está entre as dez cidades e áreas urbanas de máis rápido crecemento do mundo. A megacidade ten o cuarto PIB máis alto de África e conta cun dos portos marítimos máis grandes e concorridos do continente. A área metropolitana de Lagos é un importante centro educativo e cultural da África subsahariana. Debido á gran poboación urbana e aos volumes de tráfico portuario, Lagos está clasificada como unha megacidade portuaria.

Historia A rexión onde agora se localiza Lagos, metrópole de Nixeria, foi habitada orixinalmente polos awori, un subgrupo do pobo ioruba que habitou na zona no século XV, e polos binis no século XVI. Os awori mudáronse a unha illa que agora se chama Iddo e despois á illa máis grande de Lagos. Debido a que a zona estaba dominada polo entón expansivo Reino de Benín, a cidade chamouse Eko dende finais do século XVI ata mediados do século XIX. O nome de Eko foille dado por Oba Ado, un príncipe do reino de Benin. Eko segue sendo o nome nativo de Lagos ata a data.

Lagos foi o nome que recibiu a cidade polos foi un nome dado ao asentamento polos portugueses. Ao longo da historia, foi o fogar de varios grupos étnicos ioruba en guerra que se asentaron na zona. Despois do seu asentamento temperán pola nobreza Awori, o estado chamou por primeira vez a atención dos portugueses no século XV. O explorador portugués Rui de Sequeira visitou a zona en 1472, nomeando a zona arredor da cidade "Lago de Curamo". Tamén é probable que a cidade recibise o nome da cidade costeira homónima de Lagos, Portugal, na rexión do Algarve, dende onde partirían os mariñeiros e os colonos. miniatura|Ilustración de xornal de 1852 que amosa o bombardeo de Lagos polas forzas británicas.

A principios do século XIX, os británicos loitaron contra o comercio atlántico de escravos, e o seu Escuadrón de África Occidental, ou Escuadrón Preventivo como tamén era coñecido, continuou perseguindo barcos escravistas portugueses, estadounidenses, franceses e cubanos e impoñendo tratados contra a escravitude cos xefes costeiros de África Occidental con tanta tenacidade que crearon un forte presenza ao longo da costa de África occidental dende Serra Leoa até o delta do Níxer (actual Nixeria) e até o sur ata o Congo. En 1849, Gran Bretaña nomeou a John Beecroft Cónsul das Baías de Benín e Biafra, cargo que ocupou (xunto coa súa gobernación de Fernando Po) ata a súa morte en 1854.Howard Temperley, "Beecroft, John (1790–1854)", rev. Elizabeth Baigent, Oxford Dictionary of National Biography, Oxford University Press, 2004 John Duncan foi nomeado vicecónsul e estaba situado en Whydah. Na época do nomeamento de Beecroft, o Reino de Lagos (baixo o goberno de Oba Kosoko) estaba na parte occidental do Consulado das Baías de Benín e Biafra, e era un porto clave para o comercio de escravos. En 1851 e coa presión dos escravos liberados que agora exercen influencia política e empresarial, Gran Bretaña interveu en Lagos no que hoxe se coñece como o bombardeo de Lagos ou captura de Lagos. resultando na instalación de Oba Akitoye e a expulsión de Oba Kosoko. Oba Akitoye asinou entón o Tratado entre Gran Bretaña e Lagos que aboliu a escravitude. A sinatura do tratado de 1852 iniciou o período consular na historia de Lagos no que Gran Bretaña proporcionou protección militar a Lagos.

Tras as ameazas de Kosoko e os franceses que estaban situados en Whydah, Lord Palmerston (primeiro ministro británico) tomou unha decisión que sinalou en 1861, "a conveniencia de non perder tempo asumindo o protectorado formal de Lagos". William McCoskry, o cónsul interino en Lagos co comandante Bedingfield convocou unha reunión con Oba Dosunmu o 30 de xullo de 1861 a bordo do HMS Prometheus onde se explicou a intención de Gran Bretaña e se requiriu unha resposta aos termos en agosto de 1861. Dosunmu resistiu os termos do tratado pero baixo a ameaza de lanzar un bombardeo en Lagos polo comandante Bedingfield, Dosunmu cedeu e asinou o Tratado de Cesión de Lagos o 6 de agosto de 1861.

miniatura|Lagos viviu unha protesta sobre o imposto sobre a vivenda e a terra en 1895. miniatura|Lagos Marina (arredor de 1900). miniatura|Vista aérea de Lagos en 1929. Lagos foi declarada unha colonia o 5 de marzo de 1862. O resto da actual Nixeria foi incautada en 1887, e cando se estableceu a Colonia e Protectorado de Nixeria en 1914, Lagos converteuse na súa capital, continuando como tal despois da independencia do país de Gran Bretaña en 1960. Xunto con emigrantes de toda Nixeria e outras nacións de África Occidental estaban os exescravos retornados coñecidos como crioulos, que viñan de Freetown, Serra Leoa, o Brasil e as Indias Occidentais a Lagos. Os crioulos contribuíron á modernización de Lagos, e o seu coñecemento da arquitectura portuguesa aínda se pode ver na illa de Lagos. Desde o século XIX, Lagos transformouse gradualmente nun crisol de africanos e europeos. As conexións ferroviarias e os cables telefónicos que conectan Lagos con Londres foran estabelecidos en 1886. A iluminación pública eléctrica foi introducida na cidade en 1898.

miniatura|Praza Tinubu en 1962 cunha fonte modernista. Lagos experimentou un rápido crecemento durante as décadas de 1960 e 1970 como resultado do boom económico de Nixeria. Antes da creación do Estado de Lagos o 27 de maio de 1967, Lagos, daquela a capital do país, era administrada directamente polo Goberno Federal como Territorio Federal a través do Ministerio Federal de Asuntos de Lagos, mentres que o concello de Lagos (LCC) gobernaba a cidade. Lagos, xunto coas cidades da daquela rexión occidental (Ikeja, Agege, Mushin, Ikorodu, Epe e Badagry), foron finalmente agrupadas para crear o Estado de Lagos. A cidade de Lagos dividiuse nas actuais sete áreas de goberno local (LGA polas súas siglas en inglés), mentres que as outras cidades constitúen agora 13 áreas de goberno no estado. Lagos desempeñou o dobre papel de ser a capital estatal e federal ata 1976 cando a capital do estado foi trasladada a Ikeja. Lagos viuse negativamente afectada durante o goberno militar de Nixeria. Ademais, o 12 de decembro de 1991, a sede do Goberno Federal tamén se trasladou formalmente a Abuja. Porén, Lagos segue sendo o centro financeiro do país e tamén creceu ata converterse na conurbación máis poboada do país.

Administración miniatura|dereita|300px|Mapa das 16 áreas administrativas de Lagos. A área metropolitana de Lagos alberga 16 das 20 Áreas de Goberno Local do Estado de Lagos, ao mesmo tempo que contén o 88% da poboación dese estado. Segundo o censo do ano 2006 Lagos Metropolitana ten unha poboación de 7 937 932 habitantes, cifra amplamente superada na actualidade cos 12 millóns de habitantes da capital.

Este grande aumento no censo converte a Lagos nunha das cidades do mundo con maior crecemento demográfico, aumentando a súa área metropolitana en 275.000 persoas por ano.

Demografía Lagos é a segunda cidade máis poboada de África, só superada por O Cairo, en Exipto, ocupa tamén o posto 29º do mundo.

Os 16 AGLs da área metropolitana de Lagos. LGAs Área(en km²) Poboación(Censo 2006) Densidade(hab./km²) Agege 11,2 459.939 41.071 Ajeromi-Ifelodun 12,3 684.105 55.474 Alimosho 185,2 1 277 714 6.899 Amuwo-Odofin 134,6 318.166 2.364 Apapa(Local do principal porto de Lagos) 26,7 217.362 8.153 Eti-Osa Centro de negócio de Lagos e lugar das comunidades de Victoria Island e Ikoyi, antigamente a residencia do goberno federal nixeriano 192,3 287.785 1.496 Ifako-Ijaiye 26,6 427.878 16.078 Ikeja 46,2 313.196 6.785 Kosofe 81,4 665.393 8.174 Illa de Lagos(centro histórico e comercial) 8,7 209.437 24.182 Lagos Continental 19,5 317.720 16.322 Mushin 17,5 633.009 36.213 Ojo 158,2 598.071 3.781 Oshodi-Isolo 44,8 621.509 13.886 Somolu 11,6 402.673 34.862 Surulere 23,0 503.975 21.912 Lagos Metropolitana 999,6 7 937 932 7.941

Evolución demográfica de Lagos.1901 1911 1921 1931 1939 1952 1963 1971 1982 1987 1991 2006 2008 37.000 73.766 99.690 126.108 158.500 272.000 665.000 1 200 000 1 404 000 3 800 000 5 195 247 7 937 932 9 494 085

Deporte Ao igual que no resto do país na cidade o deporte máis popular é o fútbol, tendo na cidade a súa sede a Asociación de Fútbol de Nixeria (NFA). A Selección de fútbol de Nixeria xogaba os seus partidos como local no Estadio Surelere de Lagos, ata o ano 2003, cando se inaugurou o Estadio Abuya na capital do país, e onde xoga agora a selección nacionalhttp://www.rsssf.com/tablesn/nig-intres.html.

En canto a clubs é a sede do Bridge Boys FC e do First Bank FC, que xogan na segunda división do país.

Obas (Reis) da historia de Lagos miniatura|dereita|O Oba Rilwan Akiolu nun acto con dignatarios estranxeiros en 2006. Ashipa (1600-1630) Rei Ado (1630–1669) Rei Gabaro (1669–1704) Rei Akinsemoyin (1704–1749) Eletu Kekere (1749) Rei Ologun Kutere (1749–1775) Adele Ajosun (1775-1780 e 1832-1834) Eshilokun (1780–1819) Oba Idewu Ojulari (1819–1832) Rei Oluwole (1836–1841) Rei Akintoye (1841-1845 e 1851-1853) Oba Kosoko (1845–1851) Rei Dosunmu the great(1853–1885) Oba Oyekan (1885–1900) Oba Esugbayi Eleko (1901-1925 e 1932) Oba Ibikunle Akitoye (1925–1928) Oba Sanusi Olusi (1928–1931) Oba Falolu (1932–1949) Oba Adeniji Adele (1949–1964) Oba Adeyinka Oyekan II (1965–2003) Oba Rilwan Akiolu (2003-ata a actualidade)

Cidades irmandadas Atlanta, USA. Bruxelas, Bélxica. Bucarest, Romanía. 20px Cotonou, Benín. Daegu, Corea do Sur. 20px O Cairo, Exipto. Fukuoka, Xapón. Istanbul, Turquía. Jaipur, India. 20px Montego Bay, Xamaica. Newcastle, Inglaterra. Núremberg, Alemaña. Olimpia, Grecia. 20px Port of Spain, Trinidad e Tobago 20px Ra'anana, Israel. Río de Xaneiro, Brasil. 20px Salcedo, República Dominicana. 20px Salzburgo, Austria. Taipei, Taiwán. 20px Tiflis, Xeorxia. Tolosa, Francia. Santa Fe, Arxentina.

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Nixeria Abuja Makoko

Bibliografía Leithead, Alastair (agosto de 2017). "The city that won't stop growing: How can Lagos cope with its spiralling population?". BBC News. Prominent Leaders in Lagos State by History Emirate

Ligazóns externas Páxina web do Estado de Lagos

Categoría:Cidades de Nixeria Categoría:Antigas capitais Categoría:Artigos que toda Wikipedia debería ter (Historia e xeografía)