miniatura|dereita|160px|Mapa da Eslavonia. miniatura|dereita|160px|Mapa da Eslavonia. Eslavonia (en croata Slavonija) é unha rexión xeográfica e histórica da Croacia oriental. Eslavonia está formada na súa maioría por fértiles chairas, delimitadas en parte ao norte polo río Drava, ao sur polo río Sava e no leste polo Danubio.
Eslavonia non é un ente administrativo, estando Croacia subdividida en 20 condados de dimensións menores, pero representa un dos territorios históricos nos que podería ser dividida a República Croata, xunto con Dalmacia, Croacia Central e Istria.
Xeografía A rexión esténdese en sete condados e conta cunha poboación de 781.454 habitantes (2001). O centro de maior poboación é Osijek, cunha poboación de 114.616 habitantes. Outras cidades importantes son:
Slavonski Brod Vinkovci Vukovar Đakovo Požega Virovitica Nova Gradiška Slatina Županja Našice Valpovo Belišće
Aínda que a rexión está formada en gran parte por un baixoplano, Eslavonia presenta unha serie de baixorrelevos. Os principais son Psunj, Papuk, Požeška Gora, Ravna Gora, Krndija e Dilj.
miniatura|800px|centro|Chaira de Eslavonia
Notas
Categoría:Xeografía de Croacia