Alfred Sisley (30 de outubro, 1839 – 29 de xaneiro, 1899) foi un pintor paisaxista impresionista de orixe inglesa que viviu e traballou en Francia.

Biografía miniatura|esquerda|Ponte de Villeneuve-la-Garenne.,1872, Alfred SisleyMetropolitan Museum of Art Nova York Sisley naceu en París no seo dunha familia acomodada de orixe inglesa, os seus pais eran William Sisley e Felicia Sell. O seu pai, William, exportaba flores artificiais. A nai, Felicia Sell, proviña dunha familia inglesa culta. A comezos de 1860 Alfred estudou no atelier de Marc-Charles-Gabriel Gleyre, onde coñeceu a Frédéric Bazille, Claude Monet e Pierre-Auguste Renoir. Xuntos pintaron paisaxes "en plein air" (ao aire libre), coa fin de capturar os efectos transitorios da luz solar. Este enfoque, innovador na época, deu lugar a cadros máis coloridos e máis amplos que os cadros aos que o público estaba acostumado a ver. En consecuencia, Sisley e os seus amigos tiveron inicialmente poucas oportunidades para exhibir ou vender os seus traballos, aínda que a diferenza dalgúns dos seus compañeiros de estudos que sufriran as dificultades financeiras, Sisley recibiu asignación do seu pai.

Na actualiade non se conserva ningún dos seus traballos de estudante. O seu traballo coñecido máis vello é, Camiño preto dunha pequena vila pintado arredor de 1864.

En 1866, casou con Eugénie Lesouezec, de orixe bretoa, coa quen tivo dous fillos.Turner, 2000, pp. 400-401. A súa seguridade financeira viuse afectada en 1870 cando o negocio do seu pai fracasou, véndose obrigado a vivir coas vendas dos seus cadros. O resto da súa vida viviría na pobreza; Os seus traballos só medraron de prezo trala súa morte.Denvir, 2000, p. 265..

En 1880 Sisley e a súa familia mudáronse a unha vila de Moret-sur-Loing, preto do bosque de Fontainebleau onde os pintores da Escola de Barbizon traballaran a comezos de século. Nese mesmo lugar, tal e como dixera a historiadora de arte Anne Poulet, "As suaves paisaxes cos seus constantes cambios atmosféricos están perfectamente a ton co seu talento.

Sen contar o período comprendido entre 1857 e 1861 (no que Sisley vive en Inglaterra) e as viaxes que fai en 1874, 1881, e 1897, Sisley viviu a maior parte da súa vida en Francia.

Coñécese pouco sobre a influencia que tiveron sobre o pintor os traballos de J. M. W. Turner e John Constable, cadros que Sisley tería visto en Londres e que son suxeridos como influencia en Sisley como impresionista.Turner, 2000, p. 401..

Entre os pintores impresionistas, o que máis se asemella a Sisley é Monet, quen o chegou a eclipsar debido á semellanza dos seus traballos, malia ser Sisley menos experimental e traballar nunha escala menor. Sisley foi descrito polo historiador Robert Rosenblum como un pintor cun "carácter case xenérico, cunha idea hiperteórica e impersoal dunha perfecta pintura impresionista",Rosenblum, 1989, p.306. o seu traballo evoca fortemente a atmosfera e os seus ceos son sempre moi impoñentes. O pintor foi un dos impresionistas que se centrou mais na temática paisaxista.

Sisley morreu en Moret-sur-Loing á idade de 59 anos, uns meses máis tarde cá súa dona.

Obra miniatura|Flood at Port-Marly, 1876 Lane near a Small Town (c. 1864) Avenue of Chestnut Trees near La Celle-Saint-Cloud (c. 1865) Village Street in Marlotte (1866) Avenue of Chestnut Trees near La Celle-Saint-Cloud (1867) Still Life with Heron (1867) The Seine at St. Mammes (1867-1869) View of Montmartre from the cite des Fleurs (1869) Early Snow at Louveciennes (c. 1871-1872) Boulevard Heloise, Argenteuil (1872) Bridge at Villeneuve-la-Garenne (1872) Ferry to the Ile-de-la-Loge - Flood (1872) Footbridge at Argenteuil (1872) La Grande-Rue, Argenteuil (c. 1872) Square in Argenteuil (Rue de la Chaussee) (1872) Chemin de la Machine Louveciennes (1873) Factory in the Flood, Bougival (1873) Rue de la Princesse, Louveciennes (1873) Sentier de la Mi-cote, Louveciennes (1873) Among the Vines Louveciennes (1874) Bridge at Hampton Court (1874) The Lesson (1874) Molesey Weir - Morning (1874) Regatta at Hampton Court (1874) Regattas at Molessey (1874) Snow on the Road Louveciennes (1874) Under the Bridge at Hampton Court (1874) Street in Louveciennes (Rue de la Princesse) (1875) Small Meadows in Spring (c. 1881)

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Denvir, B. (2000). The Chronicle of Impressionism: An Intimate DIary of the Lives and World of the Great Artists. Londres: Thames & Hudson. OCLC 43339405 Poulet, A. L., & Murphy, A. R. (1979). Corot to Braque: French Paintings from the Museum of Fine Arts, Boston. Boston: The Museum. ISBN 0-87846-134-5 Rosenblum, Robert (1989). Paintings in the Musée d'Orsay. Nova York: Stewart, Tabori & Chang. ISBN 1-55670-099-7 Turner, J. (2000). From Monet to Cézanne: late 19th-century French artists. Grove Art. Nova York: St Martin's Press. ISBN 0-312-22971-2

Ligazóns externas The Impressionists at Biography (from archive.org) Sisley images and biography at CGFA

Sisley,Alfred Sisley,Alfred Categoría:Pintores paisaxistas