Carlos Leal, nado en Friburgo (Suíza) en 1969, é un rapeiro e actor suízo, de orixe galega. Deuse a coñecer como membro do grupo de hip hop Sens Unik, co que acadou grande éxito, antes de comezar unha carreira de actor que o levou a aparecer en numerosas producións tanto no cine como na televisión.
Traxectoria
Música Entrou no mundo do hip hop a través do breakdance e en 1987 fundou xunto a outros músicos o grupo Sens Unik, un dos pioneiros do rap suízo. En 1991 gravaron Le VIème sens, cunha cara B cantada completamente en español por Leal. A este álbum seguíronlle outros oito, conseguiron catro discos de ouro e puxeron a banda sonora no aclamado filme La haine.
Cine e televisión Logo de producir algúns dos vídeos de Sens Unik e de debutar no teatro cun papel nunha adaptación dunha obra de Almodóvar, decidiu seguir carreira de actor. O seu primeiro papel foi en Week End Break (2002), unha curtametraxe de comedia, e dende entón ten participado en numerosos filmes e series de televisión. Traballou entre outros en Snow White, El comisario, 007 Casino Royale, Los Serrano, R.I.S. Científica, Heidi, 15, Los abrazos rotos, El Internado, O camiño, There Be Dragons, Boulevard du Palais, Devious Maids, Marvel's Agents of S.H.I.E.L.D., Training Day, Better Call Saul ou MacGyver.
Pola súa actuación no filme suízo Snow White (2005), obtivo o premio ao mellor intérprete no festival de cine de Támil Nadu e o premio do cinema suízo ao mellor actor protagonista.
Vida persoal A súa familia é de Moncelos (Abadín). Nado en Friburgo, medrou en Lausana, viviu en París, Madrid e Os Ánxeles coa súa muller de orixe irlandésa coa que fala en francés, e cos seus dous fillos. Alí foi visitado polo programa Pasaporte galego da TVG, presentado por Isabel Blanco.
Filmografía
Cinema
Les amateurs (2003). Hildes Reise (2004). Love Express (2004). Snow White (2005). Casino Royale (2006). L'écart (2007). Fuera de carta (2008). Dirty money, l'infiltré (2008). Los abrazos rotos (2009). Verso (2009). El mal ajeno (2010). O camiño (2010). Sennentuntschi (2010). There Be Dragons (2011). Carré blanc (2011). La rosa de nadie (2011). Buscando a Eimish (2012). Wie zwischen Himmel und Erde (2012). Intersections (2013). Who Killed Johnny (2013). Oro verde (2014). 20 Regeln für Sylvie (2014). Spaceman (2016). Jasper (2017). Quail Lake (2019). The Last Thing He Wanted (2020). American Traitor: The Trial of Axis Sally (2021).
Televisión Heidi, 15 (2008). Anomalies passagères (2003). Adventure Inc. (2003). Léa Parker (2004). P.J. (2005). Le tuteur (2006). Groupe flag (2005). EastEnders (2005). El comisario (2006). Tarragona: Paraíso en llamas (2007). Femmes de loi (2007). R.I.S. Científica (2007). El Internado (2008). Boulevard du Palais (2009-2011). Maison close (2010). Chaos (2011). Last Resort (2012). Ein Sommer in Amalfi (2013). Devious Maids (2013). Covert Affairs (2013). Agents of S.H.I.E.L.D. (2013). Brûlures (2013). Perception (2014). Der Bestatter (2014-2015). The Team (2015). The Last Ship (2015). Criminal Minds: Beyond Borders (2016). Rosewood (2016). Notorious (2016). Gotthard (2016). Dream Team (2016). Landgericht (2017). Shooter (2017). Training Day (2017). Run for Your Life (2018). Better Call Saul (2018). MacGyver (2019). Quartier des Banques (2019). Republic of Sarah (2019). L: Generación Q (2019-2021).
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Carlos Leal . Web oficial. Myspace de Carlos Leal
Categoría:Actores de Galicia Categoría:Suízos de ascendencia galega Categoría:Nados en 1969 Categoría:Nados no cantón de Friburgo Categoría:Nados na diáspora galega Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Rapeiros de Galicia