Jean-Baptiste Armand Guillaumin, nado en París o 16 de febreiro de 1841 e finado en Orly o 26 de xuño de 1927, foi un pintor impresionista e litógrafo francés. Mentres outros mestres do seu círculo (como Renoir e Cézanne) abandonaron axiña o impresionismo puro conformando estilos de seu, Guillaumin mantívose fiel aos trazos máis recoñecibles de dita corrente, sendo considerado un dos impresionista máis fieis xunto a Morisot, Pissarro e Monet.Bio en Artnet.com

Traxectoria Na súa xuventude traballou na tenda de lencería do seu tío mentres pola serán ía a clases de pintura. Tamén traballou para a rede nacional francesa de ferrocarrís antes de comezares os seus estudos de pintura na Académie Suisse en 1861. Alí coñeceu a Paul Cézanne e Camille Pissarro cos cales iniciou unha grande amizade que duraría toda a súa vida. Malia non ter nunca a fama e recoñecemento destes pintores, el influenciounos moito nos seus traballos. Cézanne tentou facer o seu primeiro gravado baseándose nas pinturas de Guillaumin de gamelas sobre o río Sena.

Guillaumin exhibiu os seus traballos no Salon des Refusés en 1863.

A finais da década de 1880 trabou amizade con Vincent van Gogh cuxo irmán, Theo vendeu algunhas das súas obras. En 1886 casou coa súa curmá Marie-Joséphine Charreton, mestra de escola quen axudaríao economicamente. En 1891 gañou a lotería, o que lle permitiu concentrarse na pintura e viaxar a Agay, Crozant e Saint-Palais-sur-Mer, ademais dunha viaxe aos Países Baixos entre 1903 e 1904.

Coñecido polas súas intensas cores, na actualidade os cadros de Guillaumin atópanse espallados por tódolos museos principais do mundo. As súas señas de identidades son as súas paisaxes de París, do departamento de Creuse, e da área de Les Adrets-de-l'Estérel preto da costa mediterránea na rexión da Provence-Alpes-Côte d'Azur.

Guillaumin faleceu aos 86 anos en Orly, Val-de-Marne (ao sur de París), sendo o derradeiro membro do movemento impresionista en morrer.

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Impresionismo

Ligazóns externas Biografía de Armand Guillaumin

Categoría:Pintores de Francia Categoría:Pintores impresionistas Categoría:Nados en 1841 Categoría:Finados en 1927 Categoría:Nados en París