Santiago das Caldas é unha parroquia do concello de Ourense. Hoxe é unha parroquia totalmente urbana, situada á marxe dereita do río Miño. Ten uns 20.000 habitantes.
Historia A parroquia pertencía ó Coto de San Miguel de Canedo. Comprende a entidade de poboación que en tempos se coñecía como Ponte Canedo, o núcleo principal do antigo Concello de Canedo que en 1943 quedou anexionado ó Concello de Ourense. Desta parroquia e debido os incrementos demográficos e a expansión da cidade foron segregadas dúas zonas como parroquias eclesiásticas novas: en 1954 a de Santa Ana do Pino e en 1969 a de Santa Teresita (no Vinteún e barrios adxacentes).
Patrimonio A igrexa parroquial primitiva estaba ó lado do cemiterio das Caldas, pero foi substituída por un templo novo, sito na Avenida das Caldas, inaugurado o 28 de novembro de 1920. Foi o seu autor o arquitecto vasco José María de Basterra, quen se atopaba en Ourense neses anos reformando o seminario de San Fernando. É o autor da igrexa dos xesuítas e da igrexa de Nosa Señora de Begoña, ambas en Bilbao. Os seus deseños están inspirados na arquitectura gótica. Os retablos son do escultor galego Máximo Magariños.
Servizos Na parroquia localízanse a estación principal de ferrocarril de Ourense (coñecida como Estación de Ourense - Empalme), a estación de autobuses, a comisaría da policía local, o campo da feira, o parque de bombeiros, diversos centros educativos, un Centro de Saúde e as Burgas das Caldas (rebautizadas modernamente como Termas da Chavasqueira).
Lugares e parroquias Lugares de Santiago das Caldas
Parroquias de Ourense
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Ourense
Ligazóns externas web da parroquia web de Canedo
Categoría:Parroquias de Ourense Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de Santiago o Maior