300px|dereita|miniatura|Fractal xerado por computador Arte fractal é a creada utilizándo funcións matemáticas chamadas fractais e transformando os resultados dos cálculos en imaxes, animacións, música ou outro tipo de medios. As imaxes fractais son os gráficos resultante dos cálculos, e as animacións son secuencias deses gráficos. A música fractal transforma os resultados do cálculo en sons. Xeralmente, mais non exclusivamente, utilízanse computadores para procesalos, debido á complexidade da matemática utilizada.

Clasificación Existen catro categorías relevantes de arte fractal, división baseada no tipo de matemática utilizada no proceso, onde o nome normalmente aparece asociado ao do matemático que a desenvolveu: 250px|dereita|miniatura|Experimento co fractal de Mandelbrot Aquela onde cada punto do gráfico pode determinarse pola aplicación interactiva dunha función simple (por exemplo o conxunto de Mandelbrot, o fractal de Lyapunov e o fractal do navío ardendo); Aquela onde existe unha regra de substitución xeométrica (como exemplos inclúense a poeira de Cantor, o triángulo de Sierpinski, a esponxa de Menger e o felepa de neve de Koch); A creada con sistemas fractais interactivos (por exemplo as chamas fractais); A xerada por procesos con razón aleatoria, en vez de procesos deterministas (Como as paisaxes fractais)

Téñense utilizado fractais dos catro tipos como base de arte e animación dixital. Comezando con detalles bidimensionais, os fractais atopan múltiples aplicacións artísticas, como xerar texturas, simulación da vexetación e confección de paisaxes. Poden entón evolucionar para representacións tridimensionais complexas. Na música, os sons baseados en fractais son sorprendentemente realistas e parecen máis capaces de producir sons parecidos cos naturais que outros procesos artificiais.

Paleta de curvas Sendo un tipo de arte que usa basicamente o computador como soporte primario, non é de admirar que a Internet sexa o maior repositorio deste tipo de arte. Son particularmente interesantes tamén as relacións entre fractais e a chamada secuencia de Fibonacci e a proporción áurea (Φ), tan apreciada polos artistas da Antigüidade clásica e do Renacemento. Con fractais aplicados ao coñecemento do funcionamento do universo, calculados con potentes computadores, podemos non só simular o nacemento de mundos e o crecemento celular do ácido desoxirribonucleico, mais pode o artista usar a súa sensibilidade para seleccionar nesa nova paleta electrónica, as imaxes ou sons que desexa para representar a súa arte.

Galería de imaxes Algúns exemplos a partir do conxunto de Mandelbrot feitos en base a un applet de JAVA.

Véxase tamén Bibliografía John Briggs, Fractals ISBN 0671742175 Clifford A. Pickover, Computers, Pattern, Chaos and Beauty ISBN 0486417093 idem, Fractal Horizons, ISBN 0312125992 ibdem, Chaos and Fractals ISBN 0444500022 ibdem, Keys to Infinity ISBN 0471193348 Manfred Schroeder, Fractals, Chaos, Power Laws ISBN 0716723573 Michael Michelitsch and Otto E. Rösler, The "Burning Ship" and Its Casi-Julia Sets, Computers & Graphics Vol. 16, No. 4, pp. 435–438, 1992, republicado en idem, "A New Feature in Hénon's Map." Comput. & Graphics Vol. 13, No. 2, pp. 263–265, 1989, republicado en Clifford A. Pickover Ed., Chaos and Fractals: A Computer Graphical Journey - A 10 Year Compilation of Advanced Research. Amsterdam, Países Baixos: Elsevier 1998. ISBN 0-444-50002-2 Outros artigos Matemáticas e arte Ligazóns externas Manifesto da Arte Fractal www.fractal.art.br Música Fractal Apophysis editor libre de fractais XaoS editor libre de fractais para imaxes e animación Tierazon web galería

Categoría:Arte contemporánea