Víctor Casas Julián, nado en Pontevedra o 29 de xaneiro de 1936 e finado en Madrid o 15 de maio de 2025, foi un pintor galego. Desenvolveu a súa actividade artística en Madrid, aínda que sempre estivo moi vinculado coa súa Galiza natal.

Traxectoria

Fillo do xornalista e actor Víctor Casas, fusilado en novembro de 1936. En Madrid estivo protexido por Álvaro Gil Varela, quen lle deu traballo e formación. Estudou en Fomento das Artes, na Escola de San Fernando e no Círculo de Belas Artes. Traballou cos pintores Amadeo Roca e Eduardo Peña, realizando traballos de gravado e serigrafía no taller Tres en Raya.

Viaxou por Europa e Estados Unidos. A súa obra obtivo a medalla de ouro no IV Concurso de pintura de Ponferrada, León en 1971 e a medalla de bronce en VI Bienal Internacional de Pontevedra, en 1981.

A pintura de Casas Julián conserva unha vaga figuración sempre idealizada a base dunha mancha, de intención intimista e lírica. Destacan as súas paisaxes e bodegóns así como as súas acuarelas. A súa obra figura en distintos museos de Galiza e en importantes coleccións particulares.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Pablos, Francisco: Plástica galega. Vigo, Caja de Ahorros Municipal de Vigo, 1981. Pablos, Francisco: Colección Adriano Marqués de Magallanes. Vigo, Concello, 1992. Chávarri, Raúl: La pintura española actual. Madrid, Ibérico Europea de Edic., 1981. Diccionario de artistas españoles. Madrid, Dir. Gral. de Bellas Artes. Diccionario de pintores españoles contemporáneos, dirixido por J. I. de Blas. Madrid, Estiarte Edic., 1972. 20 años de arte en Pontevedra. Pontevedra, Deputación Provincial, 1989. Ligazóns externas

Categoría:Pintores de Galicia do século XX Categoría:Nados en Pontevedra Categoría:Nados en 1936

Categoría:Finados en 2025

Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes