Rea é o segundo satélite de Saturno pola súa masa, e o décimo cuarto máis afastado do planeta (uns 527.000 km); tarda uns 4,5 días terrestres en completar un xiro.
A súa órbita é case circular e lixeiramente inclinada con respecto ao ecuador de Saturno.
É esférico e mide uns 1.529 km de diámetro, aproximadamente a metade que a Lúa, o que o converte no segundo maior satélite de Saturno. Crese que ten un núcleo rochoso que supón algo menos dunha terceira parte do diámetro, e manto e cortiza compostos por auga xeada e impurezas diversas.
Foi descuberto en 1672 polo astrónomo francés Jean-Dominique Cassini, que lle deu o nome da figura mitolóxica grega Rea, irmá e esposa de Cronos (Saturno no panteón romano). A lúa foi fotografada pola sonda estadounidense Voyager 1 en novembro de 1980, cando esta pasou polo sistema de Saturno.
Características físicas Rea é unha lúa xeada cunha densidade de aproximadamente 1,24 kg/m3. Esta densidade indica que Rea teña probablemente un núcleo rochoso o cal contén un terzo da súa masa, co resto composto dunha combinación de auga-xeo.
As características físicas de Rea aseméllanse ás de Dione, con hemisferios diferentes, o cal suxire composicións e historias similares. A temperatura en Rea oscila entre 53 e 99 K (-220 °C e -174 °C).
A superficie de Rea está altamente craterizada e ten marcas lineais, brillantes e difusas; pénsase que estas liñas foron producidas por material exectado durante a formación de grandes cráteres, como Tirawa, de 375 km de diámetro (o cal é visible na parte superior da imaxe de Rea, arriba).
Véxase tamén Outros artigos
Saturno · Satélites de Saturno Cráter de impacto
Ligazóns externas
Rhea Profileda NASA's Solar System Exploration The Planetary Society: Rhea
Categoría:Lúas de Saturno