miniatura|dereita|200px|Apolo de Belvedere. Leocares (en grego Λεωχάρης, Leôkhárês), foi un escultor grego do século IV a.C. posiblemente natural de AtenasSpeake (1999), p. 227 e que foi discípulo de Praxíteles.
Traxectoria Era un broncista que estivo activo entre o 340-320 a.C.Döpp &Thomas & Charles (2008), p. 33 e que colaborou con moitos dos grandes escultores da época: con Escopas e Bryaxis no Mausoleo,Woerman (1924), p. XIVPijoan (1944), p. 400 e con Lisipo no grupo de bronce que representa a Alexandre cazando leóns, en Delfos.
Obra Entre as obras que se lle atribúen, pódense citar:
Retrato en bronce do orador Isócrates Estatuas crisoelefantinas da familia de Filipo II de Macedonia en marfil e ouro, no Filipeion de Olimpia Pijoan (1944), p. 392(monumento conmemorativo da vitoria de Queronea no 338 a.C.). O seu grupo de bronce Ganímedes elevado aos ceos pola aguia de ZeusWoerman (1924), p. 396 é, con toda probabilidade, o que aparece representado nunha copia no Museo Vaticano de Roma Igualmente, se lle atribúe o Apolo de Belvedere, que fascinou os artistas europeos desde o renacemento e que se expón no Museo Pío-Clementino (Cidade do Vaticano). A súa influencia chegaría até o período Neoclásico do XVIII e o Romanticismo no XIX. Angulo Íñiguez discrepa desta atribución e opina que é unha obra propia de Lisipo.Angulo ïñiguez (1960), p. 117 a Diana de Versalles (cara 325 a.C.) o Zeus tonante dos Museos capitolinos
Estilo O estilo de Leocares combina a grandiosidade ática con proporcións alargadas, os membros que se moven no espazo e as posturas inquietas que experimentou Lisipo e un certo dramatismo que contrastaba co estilo dos outros escultores da época como Lisipo, Praxíteles e Escopas.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Outros artigos
Praxíteles Lisipo
Categoría:Escultores do século -IV Categoría:Escultores da arte grega antiga