Príncipe de Asturias é o principal dos títulos que ostenta o herdeiro da Coroa Española. Na actualidade é Lionor de Borbón. Regulados polo Real Decreto dende 1977 os títulos históricos dos herdeiros ao trono nos diferentes reinos hispanos son:

Príncipe de Asturias, como herdeiro do Reino de Castela e León con orixe en 1388; Príncipe de Xirona, como herdeiro do Reino de Aragón con orixe en 1351; Príncipe de Viana, como herdeiro do Reino de Navarra con orixe en 1423; Duque de Montblanc, como herdeiro do Principado de Cataluña con orixe en 1387; Conde de Cervera, como herdeiro do Reino de Valencia con orixe en 1351; Señor de Balaguer, como herdeiro do Reino de Mallorca con orixe en 1413.

Ademais por medio da fundación homónima, cuxa presidencia ostenta, entréganse anualmente os prestixiosos Premios Príncipe de Asturias nun solemne acto en Oviedo, capital do Principado de Asturias.

Orixe do título As orixes do Principado de Asturias remóntanse aos primeiros anos do século XIV, cando, nas chamadas Asturias de Oviedo, constituír o primeiro gran señorío nobiliario para Rodrigo Álvarez, que pasou a chamarse Rodrigo Álvarez das Asturias (utilizando en ocasións o apelido "Álvarez-Nava", como equivalente ao "Álvarez das Asturias", por proceder Rodrigo do patrucial de Nava, vila do Principado de Asturias). Ao morrer sen sucesión, pasou a Enrique de Trastámara que, á súa vez, cedeuno a un fillo bastardo: Alonso Enríquez. Durante o reinado de Xoán I, o conde de Noreña protagonizou unha serie de revoltas que decidiron ao Rei a confiscar o señorío e incorporalo á Coroa.

En 1388, a raíz do matrimonio acordado polo rei Xoán I de Castela e por Xoán de Gante, duque de Lancaster entre os seus respectivos fillos, o Infante Henrique e Catarina (acordo de Baiona), para pór así fin ás pretensións dos Lancaster á coroa de Castela (como descendentes de Pedro I), decidiuse que, así como en Inglaterra o herdeiro do trono era titulado Príncipe de Gales e en Francia Delfín, en Castela sería Príncipe de Asturias.

O título de Príncipe de Asturias en diante sería ostentado polo herdeiro da Coroa de Castela e de España.

Nos primeiros tempos da institución de Príncipe de Asturias non foi un simple título de honra, pois o territorio asturiano pertencíalles como patrimonio. A persoa á que se lle outorgaba este título podía nomear xuíces, alcaldes etc., que gobernaban o Principado en representación do seu Señor. Esta situación cambiou cos Reis Católicos, que reduciron o título de Príncipe de Asturias a unha condición honorífica, carácter que se mantivo cos reis da Casa de Austria e coa dinastía dos Borbóns.

Lista dos príncipes de Asturias

Imaxe Príncipe de Asturias Herdeiro de Inicio FinAnoCausa75pxHenrique de CastelaXoán I13881390Accede ao trono como Henrique III75pxMaría de CastelaHenrique III14021405Desprazada polo nacemento do seguinte80pxXoán de CastelaHenrique III14051406Accede ao trono como Xoán II75pxCatarina de CastelaXoán II14221424Falecida75pxLeonor de Castela(adoita omitirse das listas de Príncipes de Asturias)Xurada como Princesa de Asturias unicamente por doce procuradores das Cortes de Castela. Adoita omitirse nas listas de Príncipes de Asturias ("A numeración dos Príncipes de Asturias" )Xoán II14241425Desprazada polo nacemento do seguinte80pxHenrique IVXoán II14251454Accede ao trono como Henrique IV80pxXoana de CastelaHenrique IV14621464Desherdada en favor do seguinte80pxAfonso de CastelaHenrique IV14641465O 5 de xuño de 1465, no que se denominou "farsa de Ávila", un grupo de nobres proclamou rei ao Príncipe Afonso. O príncipe morreu por causas descoñecidas en 1468, deixando a Henrique IV como único reiProclamado rei por un grupo de nobres (farsa de Ávila)1468Falecido80pxIsabel de CastelaHenrique IV1468Polo Pacto dos Toros de Guisando do 19 de setembro de 1468, Henrique IV recoñecía á súa medio irmán Isabel como Princesa de Asturias1470Na Cerimonia da Val de Lozoya, celebrada o 26 de outubro de 1470, Henrique IV anulou o Pacto dos Toros de Guisando e proclamou Princesa de Asturias á súa filla XoanaDesherdada en favor da seguinte1474Tras a morte en 1474 de Henrique IV desencadeouse unha guerra pola sucesión entre Isabel e Xoana. Isabel autoproclamouse raíña o 13 de decembro de 1474 e Xoana o 30 de maio de 1475. O 4 de setembro de 1479, o Tratado de Alcáçovas puxo fin á contenda, quedando Isabel como única raíñaAutoproclamada raíña80pxXoana de CastelaHenrique IV14701475Autoproclamada raíña1479Perde a Guerra contra Isabel80pxIsabel de AragónIsabel I14761480Desprazada polo nacemento do seguinteXoán de AragónIsabel I14801497Falecido80pxIsabel de AragónIsabel I14981498Falecida75pxMiguel da Paz de PortugalIsabel I14991500Falecido80pxXoana de AragónIsabel I15021504Accede ao trono como Xoana I80pxCarlos de AustriaXoana I15061516Accede ao trono como Carlos I80pxFilipe de AustriaCarlos I15281556Accede ao trono como Filipe II80pxCarlos de AustriaFilipe II15601568Falecido80pxFernando de AustriaFilipe II15731578Falecido80pxDiego de AustriaFilipe II15801582Falecido80pxFilipe de AustriaFilipe II15841598Accede ao trono como Filipe III80pxFilipe de AustriaFilipe III16081621Accede ao trono como Filipe IV80pxBaltasar Carlos de Austria Filipe IV16321646Falecido80pxFilipe Próspero de AustriaFilipe IV16581661Falecido80pxCarlos de AustriaFilipe IV16611665Accede ao trono como Carlos II80pxLois de BorbónFilipe V17091724Accede ao trono como Luís I80pxFernando de BorbónFilipe V1724 1746Accede ao trono como Fernando VI80pxCarlos de BorbónCarlos III17601788Accede ao trono como Carlos IV80pxFernando de BorbónCarlos IV17891808Accede ao trono como Fernando VII80pxIsabel de BorbónFernando VII1830(1833)Proclamada Princesa de Asturias mediante o Real Decreto do 13 de outubro de 1830 e xurada como Herdeira da Coroa o 20 de xuño de 18331833Accede ao trono como Isabel II80pxIsabel de BorbónIsabel II18511857Desprazada polo nacemento do seguinte80pxAfonso de BorbónIsabel II18571870Recibe os dereitos dinásticos da súa nai, a raíña Isabel II (no exilio)80pxManuel Filiberto de SavoiaAmadeu I18711873Abdicación do seu pai, o rei Amadeu I80pxIsabel de BorbónAfonso XII18751880Desprazada polo nacemento da seguinte80pxMaría das Mercedes de BorbónAfonso XII18811904FalecidaAfonso XIIIAfonso de Borbón-Dúas Sicilias(Herdeiro da Coroa sen tratamento de Príncipe de Asturias)Por Real Decreto do 17 de outubro de 1904, gozou de todas as honras que lle correspondían como Herdeiro da Coroa, pero nunca ostentou o título de Príncipe de AsturiasAfonso XIII19041907Desprazado polo nacemento do seguinte80pxAfonso de BorbónAfonso XIII19071933Renuncia aos seus dereitos á Coroa80pxXoán de BorbónPríncipe titular de Asturias por nomeamento do seu pai, o Rei Afonso XIII (no exilio)Afonso XIII19331941Accede á Xefatura da Casa Real80pxXoán Carlos de BorbónPríncipe titular de Asturias polo nomeamento do seu pai, o Xefe da Casa Real Xoán de Borbón19411975Desde 1969, en virtude da Lei de Sucesión na Xefatura do Estado ostentaba o título de Príncipe de EspañaAccede ao trono como Xoán Carlos I80pxFilipe de BorbónXoán Carlos I19772014Accede ao trono como Filipe VI80pxLionor de BorbónFilipe VI2014Actualidade-

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Sitio oficial da Casa Real Española: A Súa Alteza Real o Príncipe de Asturias

Asturias