Georges Brassens, nado en Sète o 22 de outubro de 1921 e finado en Saint-Gély-du-Fesc, preto de Montpellier, o 29 de outubro de 1981, foi un poeta e cantautor francés.
Traxectoria Acadou a fama mercede ás melodías das súas cancións, sinxelas e elegantes, e ás súas letras, variadas e elaboradas. Está considerado un dos mellores poetas franceses da posguerra, así foi que conta co premio nacional de poesía, que recibiu en 1967. Puxo música a poemas de moitos outros escritores, como Louis Aragon, Victor Hugo ou Jean Richepin. Entre os anos 1952 e 1976 gravou 14 álbums.
Non acostumaba actuar fóra do seu país. Porén, foi versionado en castelán por Paco Ibáñez, que cantou varias das súas cancións, traducidas por Pierre Pascal. Unha das máis coñecidas desta serie foi La mala reputación (La mauvaise réputation), que tamén versionou o cantante de rock Loquillo.
Tamén foi traducido ó castelán por Agustín García Calvo, Javier Krahe, Joaquín Carbonell e polo cantautor chileno Eduardo Peralta, que ten un disco completo dedicado a Brassens.
En catalán foi versioneado nos 60 por Josep Maria Espinàs, e posteriormente polo cantautor Miquel Pujadó.
Filmografía Porte des Lilas, de René Clair (1957)
Véxase tamén
Ligazóns externas www.georges-brassens.com páxina sobre o autor páxina sobre o autor páxina sobre o autor
Categoría:Nados en 1921 Categoría:Nados no departamento de Hérault Categoría:Finados en 1981 Categoría:Cantautores Categoría:Anarquistas de Francia Categoría:Músicos de Francia Categoría:Poetas de Francia Categoría:Poetas en lingua francesa