María Carmen Corredoira Ruiz de Baro, nada na Coruña o 18 de maio de 1888 e finada o 17 de novembro de 1970, foi unha pintora galega.

Traxectoria Filla de Alfredo Corredoira e da ferrolá Ángela Ruiz de Baro, naceu na Travesa de Santo André. A súa vida transcorreu na cidade herculina, onde traballou nunha pintura de afiliación realista, aínda que dotada de evidente espiritualidade.

Iniciou a súa formación na Coruña baixo a dirección de Enrique Saborit e posteriormente ampliouna en Madrid, con mestres como Eduardo Chicharro e José María López Mezquita. A súa obra mereceu distincións como a medalla de ouro na Exposición Rexional de Santiago en 1926. Foi membro numerario da Real Academia Galega de Belas Artes. En 1928 ingresou no Seminario de Estudos Galegos.

miniatura|Tumba de María Corredoira no cemiterio de Santo Amaro da Coruña Non foron moitas as súas exposicións, aínda que os coleccionistas buscan esta pintura verdadeira, íntima, de excelente calidade formal, cun debuxo firme e unha paleta rica e sabia. Está representada nos museos de Galiza, como o Museo Municipal Quiñones de León de Vigo ou o Museo Provincial de Lugo.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Carballo Calero, Mª Victoria: Catálogo de pintura do Museo Provincial de Lugo. Lugo, 1969.

Ilarri Gimeno, Ángel: Catálogo do Pazo Museo «Quiñones de León». Vigo, Concello, 1978. Pablos, Francisco: Plástica galega. Vigo, Caixavigo, 1981. Gran Enciclopedia Galega, Vol. 7. Xixón, S. Cañada, edit., 1974.

Ligazóns externas

María Corredoira en A Coruña das Mulleres

Categoría:Pintores de Galicia do século XX Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1893 Categoría:Finados en 1970 Categoría:Membros da Real Academia Galega de Belas Artes Categoría:Membros do Seminario de Estudos Galegos