miniatura|250px| Arco nº 697 García Lorca ao seu paso pola estación de Alzira (Valencia). Arco foi un servizo comercial de viaxeiros de Renfe Operadora en España. Usaba trens que xurdiron dunha profunda transformación realizada aos coches B11x-10200 (serie 10000 de segunda clase) de Renfe, dotándoos de novos bogies aptos para 220 km/h. En esencia son unha versión mellorada do Diurno.
Historia O proxecto Arco foi lanzado por Renfe no ano 2001, cando decidiu crear un servizo de Longa Distancia entre Portbou, Barcelona, Valencia, Alacant e Murcia, para complementar a trens Talgo e Euromed facendo máis paradas intermedias.
Para iso, Renfe colleu 41 coches B11x-10200 (pertencentes á Serie 10000) e nas súas instalacións de Los Prados (Málaga) levou a cabo a súa reforma, que consistiu nunha total renovación do interior, carenado dalgúns elementos, e uns bogies totalmente innovadores para os coches de viaxeiros de Renfe, que son unha modificación do bogie GC-1 de CAF, son denominados GC-3 e permiten alcanzar os 200 km/h cun alto grao de confort para o viaxeiro. Nace así a Serie 2000.
A parte do Arco Portbou-Alacant mencionado anteriormente, créase no mesmo ano o servizo Arco García Lorca, que substitúe ao antigo Diurno do mesmo nome; o nome cámbiase de "Diurno" a "Arco" xa que no canto de usarse coches Serie 9000 usaranse os renovados Serie 2000, máis modernos e con maior velocidade máxima. O principal inconveniente vén cando se producen problemas de freado no tren a grandes velocidades cando a composición supera os tres coches de lonxitude. Estes problemas non son solucionados e o Arco García Lorca é limitado a 160 km/h, igual que o anterior «Diurno».
A partir de maio de 2008, o Diurno A Coruña/Vigo-Irún/Bilbao foi substituído polo Arco Camiño de Santiago, que facía o mesmo percorrido pero con coches da Serie 2000. Na actualidade este mesmo tren opera baixo a marca Intercity.
Nalgunhas ocasións completáronse os trens Arco con coches da serie 9000, de inferior calidade.
Datos técnicos
| Fabricantes || RENFE, CAF |- | Unidades fabricadas || 41 |- | Ano de posta en servizo || 1999 |- | Velocidade máxima || 220 km/h |- | Velocidade comercial || 200 km/h |- | Número de prazas || A9t-2000 56 prazas en clase PreferenteB10t-2200 80 prazas en clase TuristaBr3t-2800 21 prazas en clase Turista + 1 praza P.M.R |- | Manga de calefacción || si, a 3 kV (CC) |- | Ancho de vía' || 1.668 mm
Servizos prestados Arco Camino de Santiago O Arco Camino de Santiago estaba formado por dúas ramas con destino e orixe diferentes pero que circulaban xuntas entre as estacións de Miranda de Ebro e Ourense. Substituíuse por un Intercity.
Rama Bilbao Rama Hendaia Bilbao-AbandoLaudio-Llodio HendaiaIrúnDonostia-San SebastiánZumarragaAltsasu-AlsasuaVitoria-Gasteiz Miranda de EbroBurgos-Rosa de LimaPalenciaSahagúnLeónAstorgaBembibrePonferradaO Barco de ValdeorrasA Rúa-PetínMonforte de LemosOurense-Empalme GuillareiRedondelaVigo O CarballiñoSantiago de CompostelaA Coruña-San Cristovo Rama Vigo Rama A Coruña
Arco A Coruña-Monforte de Lemos Este tren foi posto en servizo en 2008 para enlazar en Monforte de Lemos co tren diario Alvia que circula entre Barcelona e Vigo. Antigamente o servizo era cuberto por un Talgo que se dividía en Monforte en dúas ramas á Coruña e Vigo, pero coa substitución deste por un Alvia, deixou de prestarse o servizo á Coruña, xa que a vía entre Monforte e A Coruña carece de electrificación.
Deixou de funcionar coa posta en marcha da liña de alta velocidade entre A Coruña e Ourense.
A Coruña-San CristovoBetanzos-InfestaCurtisGuitiriz LugoSarriaMonforte de Lemos
Arco García Lorca En orixe, o Arco García Lorca era un único tren formado por varias ramas que se axustaban e desacomplaban en diferentes estacións ao longo do percorrido. Desde agosto de 2011 o tren García Lorca foi dividido de modo que só dispuña de dúas ramas: unha Barcelona-Málaga e unha Barcelona-Sevilla, que se unían en Córdoba. Desde entón as ramas de Badaxoz, Granada e Almería eran trens Arco independentes que tiñan transbordo garantido á composición principal.
O 11 de setembro de 2011, os trens Arco das dúas ramas Barcelona-Málaga e Barcelona-Sevilla foron substituídos por dúas composicións da serie 490 de Renfe en servizo Alaris, que tamén circulan axustadas a partir de Córdoba. Afórrase algo máis dunha hora en ambos os traxectos co cambio xa que estas composicións si chegan aos 200 km/h, mentres que os coches Arco só alcanzaban esta velocidade con composicións máis curtas das utilizadas no García Lorca; os prezos subiron lixeiramente con respecto ás tarifas aplicadas nos trens Arco. A cambio, a cantidade de prazas á venda diminuíu, pasouse dunha oferta de 620 prazas a unha de 320, a pesar da boa ocupación do servizo.
A rama de Granada e Almería circulaba alternativamente, saíndo pola mañá dunha cidade en dirección Linares-Baeza e regresando pola tarde á cidade contraria. Os martes non circulaba. No cambio de horarios do 11 de decembro de 2011 foron substituídos por trens de Media Distancia no mesmo percorrido.
Tramo común Barcelona-SantsSant Vicenç de CaldersTarragonaSalouL'Aldea-Amposta-TortosaVinaròsBenicarló-PeníscolaCastelló de la PlanaValència-NordXàtivaAlbaceteVillarrobledoSocuéllamosAlcázar de San Juan ManzanaresDaimielAlmagroCidade Real-CentralPuertollanoAlmadenejos-AlmadénCabeza del BueyCastueraCampanarioVillanueva de la SerenaDon BenitoGuarenaMéridaMontijoBadaxoz ManzanaresValdepeñasVilchesLinares-Baeza Jódar-ÚbedaCabra del Santo CristoMoredaGuadixFiñanaGadorAlmería Jódar-ÚbedaCabra del Santo CristoMoredaIznallozGranada EspeluyAndújarCórdoba CentralSevilla-Santa Justa EspeluyAndújarCórdoba CentralMontillaPuente GenilBobadillaMálaga-María Zambrano Rama Estremadura Rama Almería Rama Granada Rama Sevilla Rama Málaga
Arco Portbou-Murcia Foi o primeiro servizo Arco creado, e unía Portbou con Barcelona, Valencia, Alacant e Murcia, a través do Corredor mediterráneo. Circulou desde o ano 2001 ata o 2008, cando foi substituído por unha unidade Serie 490 en servizo Alaris que xa só unía Barcelona con Alacant, sen chegar a Portbou e Murcia. A composición deste Arco era fixa de tres coches: un de clase Preferente, un de clase Turista, e no centro da composición un coche mixto Cafetería/Turista''; eran arrastrados sempre por locomotoras Serie 252. A esta composición si se lle permitía alcanzar os 200 km/h xa que a formaban só tres coches.
Véxase tamén Ligazóns externas Vídeo de Arco en YouTube
Categoría:Trens de alta velocidade Arco