Thomas Jacob Hilfiger, coñecido como Tommy Hilfiger,nado o 24 de marzo de 1951 en Elmira, Nova York, é un dos deseñadores e estilistas americanos máis coñecidos e é o creador da marca de roupa e complementos Tommy Hilfiger e Tommy.

Traxectoria Provén dunha familia católica irlandesa sendo o segundo de nove irmáns. Dende cativo tiña claro que a súa profesión ía ser deseñador de moda. Así, comezou a súa carreira en 1969 como distribuidor de roupa hippy. Posteriormente, a comezos da era disco (finais dos anos 70 e primeiros dos anos 80), traballou para a marca Jordache.

Non foi ata 1985 cando creou a súa primeira liña de roupa. Nun principio era unha marca descoñecida, e a súa primeira campaña publicitaria dicía: "Os catro mellores deseñadores de roupa de home son Ralph Lauren, Perry Ellis, Calvin Klein e Tommy Hilfiger". Dende entón Tommy Hilfiger afiánzase cada vez máis coma unha das máis grandes marcas de roupa, altamente solicitada sobre todo en Estados Unidos.

Unha das súas estratexias é a súa publicidade, chea de mozos e mozas xenuinamente americanos, de grandes mandíbulas e aspecto san. As súas últimas fichaxes están no contorno da Casa Branca xa que son os sobriños de George W. Bush, Lauren Bush e George P. Bush. miniatura|dereita|Lauren Bush Os seus recoñecidos deseños están hoxe en día presentes en Europa, Estados Unidos, América Latina, entre outros.

Liña de roupa miniatura|dereita|Beyoncé, elixida para a campaña True Star, perfume de Tommy Hilfiger- Tommy Hilfiger, a liña de roupa da marca, vendida nos grandes centros comerciais e nas tendas específicas da marca. Hilfiger Denim, unha liña de roupa próxima á moda vaqueira e xuvenil, nun estilo rock and roll e bohemio. True Star, unha fragrancia creada por Hilfiger e da cal Beyoncé é a escollida para a súa campaña publicitaria. Red Label, unha liña de produtos denim, jeans, suadoiros e camisetas. H by Tommy Hilfiger, unha liña de alta gama (as camisas custan como mínimo 60 euros) vendida nas tendas da marca. Tommy Hilfiger Sport, liña de produtos deportivos dende o ano 1990. Tommy Hilfiger Sailing, creada na primavera do 2007.

Categoría:Deseñadores de moda dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en Nova York Categoría:Nados en 1951 Categoría:Estadounidenses de ascendencia neerlandesa Categoría:Estadounidenses de ascendencia alemá