Olalla Cociña Lozano, nada en Viveiro o 15 de outubro de 1979, é unha poeta e xornalista galega.
Traxectoria Licenciada en Xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela. Logo de gañar varios premios poéticos xuvenís, obtivo no ano 2000 o premio de poesía "O Facho", outorgado pola asociación coruñesa do mesmo nome. No 2004 conseguiu o segundo premio na XVIII edición do certame literario da Asociación Cultural Galega Rosalía de Castro de Cornellà (Barcelona).
No ano 2005 publicou o poemario As cervicais da memoria (Edicións Fervenza), co que o ano anterior lograra o VIII Premio de poesía "Avelina Valladares" que convoca o Concello da Estrada. No prólogo deste libro Xosé María Álvarez Cáccamo sinala algunhas das claves da ollada poética de Olalla Cociña: "Fraxilidade, transparencia, percepción sonambular".
O seu segundo libro, Aquí (intemperies), saíu á luz en 2006 na colección "Poeta en Compostela" (Grupo Correo, Concello de Santiago, AELG). Moitos dos poemas e textos recollidos neste volume apareceran previamente nun blog da autora xa pechado, e algúns formaron parte antes dunha obra inédita consistente nun sobre no que os poemas podían ser escollidos aleatoriamente.
En marzo de 2008 gañou a oitava edición do premio de poesía Fiz Vergara Vilariño polo seu poemario Libro de Alicia (Edicións Espiral Maior, 2008). En decembro de 2016 gañou o premio de poesía Afundación co poemario Vestir a noite.Olalla Cociña gaña a nova edición do Premio de Poesía Afundación
Olalla Cociña participou ademais en varias publicacións colectivas, entre as que destacan a antoloxía bilingüe Das sonorosas cordas. 15 poetas desde Galicia (Eneida, 2005), e o número 34 da serie "Alfa fulls temporals d'art i literatura" (Una llum del nord, Quatre poetes de Galícia), con poemas traducidos para o catalán, o castelán, o inglés e o francés. Actualmente mantén o blog reveladora, no que é autora dos textos.
Como música, canta e toca o teclado no grupo Atrás Tigre.
Obra Poesía As cervicais da memoria, 2005, Edicións Fervenza. aquí (intemperies), 2006, Grupo Correo, Concello de Santiago, AELG. Libro de Alicia, 2008, Espiral Maior. Ningún precipicio, 2013, Toxosoutos. Foi traducida ao castelán.
Vestir a noite, 2017, Centro PEN Galicia.
Primeiro espello, 2026, Fabulatorio. Obras colectivas
Das sonorosas cordas, 2005, Eneida. Poetas con Rosalía, 2006, Fundación Rosalía de Castro. Volverlles a palabra. Homenaxe aos represaliados do franquismo, 2006, Difusora. Letras novas, 2008, Asociación de Escritores en Lingua Galega. Urbano. Homenaxe a Urbano Lugrís, 2011, A Nave das Ideas. Novas de poesía. 17 poetas, 2013, Fundación Uxío Novoneyra. De Cantares Hoxe. Os Cantares Gallegos de Rosalía de Castro no século XXI, 2015, Fundación Rosalía de Castro/Radio Galega. 6 poemas 6. Homenaxe a Federico García Lorca, 2015, Biblos Clube de Lectores. Poesía.
Premios Premio de poesía O Facho no 2000. Premio de poesía Avelina Valladares do concello da Estrada no 2004, por As cervicais da memoria. Segundo premio na XVIII edición do certame literario da Asociación Cultural Galega Rosalía de Castro de Cornellà no 2004. Premio de poesía Fiz Vergara Vilariño no 2008, por Libro de Alicia. Premio de poesía Afundación no 2016, por Vestir a noite.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Blog reveladora sèrie Alfa núm. 34
Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Xornalistas de Viveiro Categoría:Nados en Viveiro Categoría:Nados en 1979 Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela