O ano 244 (CCXLIV) foi un ano bisesto comenzado en luns do calendario xuliano, en vigor naquela data.
No Imperio romano o ano foi nomeado como "o do consulado de Armenio e Emiliano" ou, menos comunmente, como o 997 Ab urbe condita, sendo a súa denominación como 244 posterior, da Idade Media, ao establecerse o Anno Domini.
Acontecementos Por lugar Imperio romano Batalla de Misiche: O rei Shapur I lanza un contraataque cerca de Faluya (Iraq) e derrota ao exército romano augas arriba do río Éufrates. 11 de febreiro: o emperador Gordiano III es asasinado por soldados amotinados en Zaitha (Mesopotamia). Un montículo se eleva en Carchemish na súa memoria. Filipo o Árabe se declara a si mesmo coemperador e fai unha paz vergoñosa cos persas. Evacúase Siria e dálle a Sapor I 500 000 pezas de ouro. Filipo o Árabe constrúe a cidade de Shahba (Siria), a provincia do seu nacemento. Os persas ocupan Armenia. Filipo o Árabe é recoñecido polo Senado Romano como novo emperador e lle da ao seu irmán Prisco o poder supremo (rector Orientis) nas provincias orientais. Filipo I é proclamado Augusto e se designa ao seu fillo Filipo, de 6 anos, co título de César e herdeiro ao trono. O contido de prata do denario romano cae a 0,5% en tempo do emperador Filipo I, fronte ao 28% en tempo de Gordiano III.
Nacementos 22 de decembro: Caio Aurelio Valerio Diocleciano, emperador romano. Alexandre de Constantinopla, patriarca de Constantinopla.
Finamentos 11 de febreiro: Gordiano III, emperador romano (n. 225). Heliconis, mártir de Tesalónica. Cao Xun (n. 230). Zhang Cheng, xeral do Reino de Wu (n. 178)
Categoría:244