Manuel García Vázquez, chamado Buciños, nado o 10 de decembro de 1938 en Buciños (Carballedo) é un escultor galego. A vila de orixe deste escultor rematou por configurar o seu nome ata o punto de ser coñecido polo citado topónimo, coma se realmente fose o seu primeiro apelido.

Foi Blanco Amor quen o convenceu de coller o nome do seu lugar.

Traxectoria profesional miniatura|185px|A Rianxeira, escultura en Rianxo. Practicamente, toda a súa obra realizouna en Ourense, vinculado ao grupo que auspiciou o escritor Vicente Risco, e que reunía a novos artistas na taberna de Tucho, e que foi denominado Os Artistiñas pola súa extrema mocidade. Do grupo formaban parte Xaime Quessada Porto, Xosé Luís de Dios, Acisclo Manzano, Xavier Pousa e Arturo Baltar. miniatura|190px|esquerda|Estatua a Castelao, cando estaba xunto ao Museo de Pontevedra. Comezou traballando a madeira, e inicialmente acusou influencias de Cristino Mallo e talvez de Antón Failde Gago, onde aproveitaba as vetas para simular roupaxes e pregas. Máis tarde traballaría o bronce e con frecuencia acudiu ás cavidades, a imaxinarios «rotos» na morfoloxía das súas pezas, que vagamente o identificarían con Henry Moore, aínda que quizais teña influencias de Julio González. As curvas pronunciadas e os volumes a un tempo rotundos e suaves danlle á escultura de Buciños unha moi definida personalidade. miniatura|250px|Seis figuras alegóricas (pintura, teatro, escultura, literatura, cine e música) entre os cabalos de Oliveira no Teatro García Barbón. Realizou numerosas exposicións en España e no estranxeiro. Está representado en todos os museos de Galiza e en numerosas institucións públicas e coleccións particulares. Os seus monumentos, a personaxes históricos ou con afán puramente ornamental, abundan nas cidades galegas. Habitualmente traballa formatos pequenos, aínda que tamén ten practicado a monumentalidade.

En 2020 o Centro Cultural Marcos Valcárcel de Ourense estreou unha exposición súa na que se mostraba toda unha vida dedicada a esculpir a través de 60 pezas creadas desde 1962 nas que o artista achegou a súa mirada e estilo.

Recoñecementos

Forma parte da galería de personaxes ilustres de Carballedo, e en 2020 foi nomeado fillo adoptivo da provincia de Ourense.

En 2020 recibiu o Premio Trasalba.

En 2023 recibiu o XXXIX Premio Celanova, Casa dos Poetas.

Notas

Véxase tamén

miniatura|Casa natal do escultor en Buciños

Bibliografía (1981): Plástica galega. Vigo, Caja de Ahorros Municipal de Vigo. (1994): Pousa e Buciños. Santiago de Compostela, Xunta de Galicia. (1978): Pedra, barro, bronce. Deputación de Ourense.

Ligazóns externas

Categoría:Escultores de Galicia Categoría:Nados en Carballedo Categoría:Pedrón de Ouro Categoría:Nados en 1938 Categoría:Membros da Real Academia Galega de Belas Artes Categoría:Premio Otero Pedrayo Categoría:Premio Trasalba