Judit Polgár, nada en Budapest o 23 de xullo de 1977, é unha Gran Mestra do xadrez húngara, amplamente recoñecida como a mellor xogadora muller de tódolos tempos. En 1991, Polgár acadou o título de Gran Mestre con 15 anos e 4 meses, naquel momento o máis novo en facelo, batendo a marca que tiña anteriormente o ex campión do mundo Bobby Fischer. Foi a xogadora máis nova en entrar na lista dos 100 mellores xogadores da FIDE, ocupando o posto 55 na lista de clasificación de xaneiro de 1989, aos 12 anos.

Polgár é a única muller que foi unha seria candidata ao Campionato do Mundo de Xadrez, no que participou en 2005; anteriormente participara en grandes torneos eliminatorios de máis de 100 xogadores para o campionato mundial. Tamén é a única muller que superou os 2700 Elo, acadando un pico de clasificación mundial do número 8 en 2004 e un pico de valoración de 2735 en 2005. É a única muller clasificada no top dez de todas as xogadoras de xadrez, chegando por primeira vez a ese rango en 1996. Foi a muller número 1 do mundo dende xaneiro 1989 ata a súa xubilación o 13 de agosto de 2014.

Traxectoria Polgár sorprendeu pola súa potencia na competición. Tanto ela coma as súas dúas irmás non asistiron nunca ó colexio, senón que foron educadas polos seus pais, quen tamén as adestraron no xadrez. A súa agresividade innata no xogo fai que as súas partidas sexan moi interesantes. Políglota, viaxeira e, do mesmo xeito que as súas irmás Zsuza e Zsofia, ela fala a lingua auxiliar esperanto.Moreno Flores, Ignacio. «La fórmula de Laszlo Polgar para construir genios» Yorokobu, 19 feb 2013.

Notas

Véxase tamén

Categoría:Xadrecistas de Hungría Categoría:Nados en 1977 Categoría:Nados en Budapest Categoría:Xadrecistas do século XX Categoría:Xadrecistas do século XXI Categoría:Esperantistas