A teoría dos dous demos, usada habitualmente de xeito despectivo, é a concepción segundo a cal os actos de violencia e terrorismo perpetrados polas Forzas Armadas durante a guerra sucia na Arxentina son comparables ás accións das organizacións guerrilleiras, como Montoneros e o Ejército Revolucionario del Pueblo. Para esta teoría as accións de cada bando non só afectaron ao que dicían combater, senón tamén a cidadáns que non facían uso da violencia.

Concepto De acordo coa teoría dos dous demos, a represión emprendida pola ditadura militar non pode ser analizada sen considerar tamén a actuación dos grupos de guerrilla urbana, que cometeron gran cantidade de asasinatos, tanto durante gobernos democraticamente elixidos (1973-1976) como durante a propia ditadura militar (1976-1983). Porén, algúns adeptos a esta idea recoñecen que o terrorismo de Estado é o mal maior, pois sitúa as vítimas en estado de completa indefensión. A seguinte frase de Ernesto Sabato no prólogo ao informe Nunca más é representativa desta variante da teoría:

Tras recordar que "durante la década de 1970 la Argentina fue convulsionada por un terror que provenía tanto desde la extrema derecha como de la extrema izquierda, fenómeno que ha ocurrido en muchos otros países", Sábato eloxia o xeito en que Italia fixo fronte dentro da lei á actividade de distintos grupos armados, en comparación coa resposta clandestina e ilegal que se executou na Arxentina durante os anos setenta. Na edición do ano 2006 do Nunca más incorporouse un novo prólogo que dalgún xeito se contrapón á posición expresada por Sábato, feito que orixinou un debate no que tomaron parte ex-membros da Comisión Nacional sobre la Desaparición de Personas, e que foi cuberto por algunhas fontes periodísticas.Controversia polo prólogo agregado ao Nunca más. Rexeitada a teoría dos dou demos. Diario La Nación, venres 19 de maio de 2006

A idea de que as formacións guerrilleiras debían ser contidas por medios legais no canto de por medio da represión ilegal convive con algunhas das posturas máis intransixentes respecto ao feito pola ditadura, como a do Premio Nobel da Paz Adolfo Pérez Esquivel, que nunca ten equiparado a represión clandestina coa actividade guerrilleira:

O Presidente Kirchner foi o responsable da modificación do Anexo do Libro "Nunca Mas"

Notas

Véxase tamén Outros artigos Guerra sucia na Arxentina Informe Nunca Más Proceso de Reorganización Nacional Terrorismo de Estado

Ligazóns externas Alegación de Emilio Massera no Xuízo ás Xuntas

Categoría:Historia da Arxentina