The Chieftains é unha banda irlandesa de música tradicional, fundada en 1963, ano da gravación do seu primeiro LP titulado simplemente The Chieftains. O grupo rexistrou numerosos álbums de música tradicional tanto instrumental como cantada. Máis aló dos ritmos de danzas, toman inspiración de compositores antigos como Turlough O'Carolan, e producen unha música variada, de sonoridade particular. O seu directorio esténdese da canción de bar (os pubs irlandeses) á música sinfónica composta para o cinema.

Historia Os seus compoñentes: Seán Keane, Martín Fay, Derek Bell, Matt Molloy, Kevin Conneff e Paddy Moloney realizaron no grupo trinta e tres gravacións, a parte das realizadas por cada un por separado. O grupo tamén realizou proxectos para revitalizar o folclore irlandés aínda que ao longo da súa carreira o grupo tamén intentou levar a súa música cara a unha fusión coa música doutros artistas como poden ser Dolores Keane (participou no Bonaparte's Retreat, sendo a primeira gravación da banda cunha voz feminina)., The Corrs, Mark Knopfler, Mick Jagger, Sting, Carlos Núñez, Sinéad O'Connor, Kepa Junkera ou Ry Cooder.

En 2013 foille concedida a Medalla Castelao.

Discografía The Chieftains 1 (1963) The Chieftains 2 (1969) The Chieftains 3 (1971) The Chieftains 4 (1973) The Chieftains 5 (1975) The Chieftains 6: Bonaparte's Retreat (1976) The Chieftains 7 (1977) The Chieftains Live! (1977) The Chieftains 8 (1978) The Chieftains 9: Boil the Breakfast Early (1979) The Chieftains 10: Cotton-Eyed Joe (1981) The Year of the French (1982) Concert Orchestra (1982) The Chieftains in China (1985) Ballad of the Irish Horse (1986) Celtic Wedding (1987) In Ireland (1987) Irish Heartbeat (1988; con Van Morrison) The Tailor Of Gloucester (1988) A Chieftains Celebration (1989) Over the Sea To Skye: The Celtic Connection (1990; con James Galway) Bells of Dublin (1991) Another Country (1992) An Irish Evening (1992) The Celtic Harp: A Tribute To Edward Bunting (1993) The Long Black Veil (1995) Film Cuts (1996) Santiago (1996) Long Journey Home (1998) Fire in the Kitchen (1998) Tears of Stone (1999) Water From the Well (2000) The Wide World Over (2002) Down the Old Plank Road: The Nashville Sessions (2002) Further Down the Old Plank Road (2003) The Long Black Veil (2004 Mobile Fidelity Gold CD reissue) Live From Dublin: A Tribute To Derek Bell (2005) The Essential Chieftains (2006)

Notas

Véxase tamén

música celta música irlandesa música folk

Categoría:Grupos musicais de Dublín Categoría:Medallas Castelao Categoría:Participantes do Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira